Adeus a Luis Mouriz, ex-secretario xeral da coral De Ruada
OBITUARIO
A coral De Ruada despide con fonda tristura a Luis Mouriz Fernández, lembrando o seu compromiso, afabilidade e entrega á entidade ao longo de anos de dedicación e servizo.
Antonte chegounos á coral De Ruada a triste nova do falecemento de Luis Mouriz Fernández.
Mouriz, como lle chamabamos todos, chegou a De Ruada da man do daquela presidente, Manuel Rego Nieto, como membro non coralista para axudar nas tarefas da directiva, ocupando o cargo de secretario xeral na última década do pasado século e nos primeiros meses do presente.
Luis Mouriz deixou entre todos os coralistas que chegamos a coñecelo un grato recordo polo seu carácter afable, cordial e correcto, disposto a facer máis doado o traballo dos coralistas e sempre cun sorriso na súa faciana e unha palabra amable nos seus beizos. En 2001, De Ruada agradeceulle o seu labor co nomeamento de Coralista de Honra e coa insignia de prata da Coral, momento que recolle a foto.
Dende a Coral De Ruada queremos facerlle chegar o noso máis sentido pésame por tan sensible perda á súa dona, María, e aos seus fillos, María José e Luis, así como ao resto de familiares e amigos.
Descanse en paz na compaña dos xa moitos ruadistas do Alén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EN CONDICIONES INHABITABLES
La Audiencia de Ourense avala la adopción de dos niños frente al riesgo de devolverlos a sus padres okupas
COMPLEMENTOS NO PAGADOS
Ocho sentencias en contra del Concello de Ourense por sus impagos
MANIFESTACIÓN
Cudeiro sale a la calle por un servicio de bus digno
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
O poder da esmola
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 16 de octubre?