COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Este xoves saiu a licitación para a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. O importe do contrato ascende a 10.043.000,01 euros (con impostos), financiados pola Universidade de Vigo e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia. A licitación, dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público, é a segunda que se realiza para construír este edificio, xa que a anterior, que ascendía a 8,3 millóns de euros con impostos, quedou deserta o pasado ano.
Nesta ocasión, o importe do contrato ascende a 10.043.000,01 euros, con impostos, sendo o valor estimado do contrato e o importe sen impostos de 9.130.000,01 euros. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 11 de abril 2025, ás 23.59 h. Os criterios de adxudicación serán a oferta económica (55%) e a calidade da execución (45%).
“Estamos moi ilusionados con unha infraestrutura que, en primeiro lugar, vai a poñer en valor unha escola que xa é moi atractiva para o talento e que vai permitir realizar mellor as tarefas fundamentais da docencia, a investigación e a transferencia, ademáis de dotar de maior visibilidade ás titulacións”, asegura o reitor da UVigo, Manuel Reigosa. Coa vista xa posta no futuro, Reigosa sinala ademais que “unha vez construido o edificio, poderemos acometer unha profunda reordenación do campus, tendo en conta a posta en marcha da Escola de Enfermaría, e aquelas novas titulacións que se poidan implantar no novo mapa”.
O financiamento deste contrato recae nun 40% na Universidade de Vigo e nun 60% na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia e faise ao abeiro dos convenios de colaboración asinados entre as dúas institucións para o financiamento de actuacións destinadas ao desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Universitarias. O último destes convenios foi asinado precisamente o pasado 23 de xaneiro no campus de Ourense polo reitor da Universidade de Vigo e conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, co obxectivo de dar o impulso definitivo a esta nova licitación.
O novo edificio, duns 6364,88 metros cadrados construídos, contará con dez laboratorios docentes destinados ao ensino e oito laboratorios de investigación destinados a facilitar recursos ás liñas de investigación. Haberá catro aulas para 50 persoas; dúas para 70 persoas e outras dúas para 100 persoas, 35 despachos e unha zona de dirección. Desde a súa posta en marcha no curso 2016/2017, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, que conta cunha das notas de acceso máis altas de Galicia, aspirou a contar cun edificio propio que albergase a súa actividade docente e a súa actividade investigadora. A apertura desta nova edificación agárdase que permita liberar espazos de outros edificios que agora se dedican a estas tarefas e levar a cabo un reordenamento de usos, nun campus que cada curso académico está medrando en alumnado e titulacións e que polo tanto ve como medran as súas necesidades de espazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense
RECONOCIMIENTO A UNA TRAYECTORIA
Los Suaves, distinguidos el Premio Honorífico de los XIII Premios Martín Códax de la Música
PROYECTO MULTIUSOS DE 25 MILLONES
El BNG apuesta por una "cidade deportiva" y un nuevo estadio en O Couto
Lo último
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
La Región
El derecho a morir