TRAUMATOLOGÍA DE ÉLITE
El doctor ourensano Manuel Leyes Vence, Premio Victoriano Reinoso 2026
FESTIVAL DE CINE
Ourense/ A trixésima edición do Ourense Film Festival inaugura este ano numerosas novidades. Unha delas é o deseño da tradicional Calpurnia que se entrega aos premiados. Na mañá de onte, o Centro Cultural Marcos Valcárcel foi testemuña da presentación da escultura máis emblemática do festival cinematográfico, que se levará a cabo na cidade desde o 26 de setembro ata o 5 de outubro.
Manuel Buciños foi o encargado de dar forma ao novo deseño. O escultor, nado en Carballedo en 1938, é unha das figuras clave da arte galega contemporánea. Non é a primeira edición que Buciños é o responsable de crear a figura do galardón do OUFF, xa que o fixo por primeira vez no 1997. Na presentación participaron o vicepresidente segundo e deputado de Cultura da Deputación de Ourense, César Manuel Fernández Gil; o director artístico do festival, Óscar Doviso; o director técnico, Marcos Vázquez, e o escultor Manuel Buciños.
Neste novo deseño, Buciños afirmou que innovou lixeiramente, para facer unha nova imaxe da Calpurnia que non tivese relación coa xa existente. En relación a outros premios de festivais cinematográficos, a Calpurnia caracterízase por ser auténtica e única, xa que é unha obra de arte que conta coa implicación directa do artista, proporcionándolle un valor especial.
Óscar Doviso, director artístico do OUFF, sinalou aspectos relevantes sobre o redeseño que “agora está perfectamente definida en primeiro termo, porque a figura que había era un plano xeral e ímonos achegando un pouco máis a verlle ese rostro á Calpurnia”.
Nesta presentación, Buciños afirmou que a nova escultura era un recordo da súa infancia, “porque o importante para min no cine non eran os directores, o importante eran as actrices”. Deste xeito, a súa inspiración provén das “caras clásicas das actrices”, por iso buscou realizar unha “cara interesante, bonita”.
“Baseeime na miña xuventude, unha época na que o cinema me chamaba especialmente a atención, era o único que me distraía”
Buciños ten unha forte ligazón coa arte cinematográfica desde a súa infancia e adolescencia. “Para facer este novo deseño baseeime na miña mocidade, xa que era unha época na que o cinema me chamaba especialmente a atención. Agora, ségueme gustando moito. Ademais, mentres estudaba en Madrid o grao de Belas Artes e traballaba para poder manterme, o cinema era o único que me distraía”, lembraba Buciños.
Esta edición serán tres os galardoados que se levarán esta Calpurnia. “Non supuxo ningún esforzo realizar este novo deseño. É unha obra que vai viaxar por todo o mundo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRAUMATOLOGÍA DE ÉLITE
El doctor ourensano Manuel Leyes Vence, Premio Victoriano Reinoso 2026
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
COLABORACIÓN CIUDADANA
Localizan al menor de 13 años desaparecido en Ourense
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
¿Por qué no te callas, Elon Musk?
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve