O OUFF estrea Agarimo
FESTIVAL DE CINE
O OUFF estrea nova sección nesta edición número 30 do certame.
O OUFF estrea a sección Agarimo, que servirá para homenaxear a figuras relevantes e inesquecibles do sector cinematográfico, así como o seu legado. Nesta primeira celebración, o festival recoñece a importancia e labor da cantante e actriz Angela Lansbury, no centenario do seu nacemento, gañadora de seis premios Tony, un Óscar honorífico, seis Globos de Ouro, un Grammy e o título de Dama do Imperio Británico.
Angela Lansbury é considerada unha das grandes figuras da interpretación do século XX, cunha carreira que abarca máis de sete décadas no cine, teatro e televisión. En televisión, alcanzou fama mundial co seu papel de Jessica Fletcher na obra “Se ha escrito un crimen”, na que tamén participou como produtora executiva e creativa.
Desta forma, levarase a cabo un ciclo de tres películas: o 27 de setembro ás 19.30 horas no Teatro Principal proxectarase “Luz que agoniza”, o martes 30 de setembro ás 18.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, “El mensajero del miedo” e o xoves 2 de outubro ás 18.00 horas no mesmo espazo que o anterior filme, “Muerte en el nilo”.
A sección de Agarimo tamén rendirá homenaxe á escritora Carmen Martín Gaite, coa proxección da obra “Emilia… parada y fonda”, o domingo 28 de setembro ás 22.00 horas no Teatro Principal. A escritora española foi galardoada co Premio Café Gijón, tras debutar na narrativa coa súa obra “El Balneario” e co Premio Nadal coa obra “Entre visillos”, que a situou como unha das principais narradoras da súa xeración.
Martín Gaite foi unha das voces máis destacadas da literatura española contemporánea. O acceso a estas sesións será libre e de balde. O festival dará comezo o 26 de setembro e finalizará o 5 de outubro, nestas semanas a cidade será o epicentro do sector cinematográfico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 35 GRADOS DE MEDIA
Julio, récord histórico de mes más caluroso de la ciudad de Ourense
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana