PROPUESTA DE UN DELEGADO ESPECÍFICO
El salto del narcotráfico en Ourense: de los narcopisos de Covadonga a las aguas del Caribe
LEMBRANZAS
No meu arquivo figuran a maioría de fotografías do arquivo Maristas Ourense. No comezo desta aventura, tiven a honra de que o por entón director, Alfredo Veiga, e o lembrado Irmán Vázquez, me permitisen facer copia dese arquivo, que pouco a pouco fun ampliando con colaboracións de antigos alumnos do centro.
Entre as fotografías máis significativas están as que reflicten o momento máis lembrado na historia do colexio Maristas Ourense: o triunfo no concurso televisivo “Cesta y Puntos” no ano 1969.
Limitareime a facilitarvos os nomes dos integrantes do equipo, pero aconséllovos buscar na rede datos do concurso. Os mozos que non tiveron a sorte de poder ver o programa atoparán información para facerse unha idea perfecta de como era o concurso escolar por excelencia.
No ano 1969, o colexio Marista Santa María de Ourense participaba por segunda vez (aínda o faría unha terceira). Nese ano, o colexio chegou á final, onde tivo que competir co colexio Claret das Palmas de Gran Canaria.
O equipo contaba coa dirección do irmán Mauro Mangas García, e os alumnos participantes foron: Esteban Solleiro Pereira, Manuel de León Rodríguez, José Luis Eusebio Velasco González, Pascual Agulló Díaz, Alfonso Luis de Sas Prada, José Manuel Abelairas Gómez, José J. Pérez Fontán, José Manuel Prada Sánchez, Fernando Sousa Pérez e Francisco Javier Cobo Rodríguez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROPUESTA DE UN DELEGADO ESPECÍFICO
El salto del narcotráfico en Ourense: de los narcopisos de Covadonga a las aguas del Caribe
379 PUNTOS DE VENTA
Adolfo Domínguez acelera su expansión con seis aperturas
POLÍTICA MUNICIPAL
El PP de Ourense se reserva la llave para liberar 11,4 millones
Lo último