Pazolandia abrirá as súas portas este venres

26 DE DECEMBRO

O 3 de xaneiro haberá unha sesión especial sin ruído ambiental destinada a menores con hipersensibilidade auditiva

O Paco Paz vístese de Nadal.
O Paco Paz vístese de Nadal.

Este venres 26 de decembro arrancará a trixésima edición de Pazolandia, para celebrar o Nadal en familia con novidades neste referente provincial impulsado pola Deputación de Ourense.

A edición de 2025 chega cunha programación renovada, na que se combinan grandes atraccións con propostas creativas e educativas. Entre as novidades máis chamativas figura a atracción King Joker, unha instalación de gran formato con cinco gaiolas móbiles que acadan os 18 metros de altura, chamada a converterse nun dos reclamos principais do recinto.

Xunto a ela, destaca tamén un mural conmemorativo de LEGO, elaborado con máis de 56.000 pezas, que rende homenaxe ás tres décadas de historia de Pazolandia.

O espazo lúdico complétase cun circuíto de coches eléctricos deseñados para realizar derrapes controlados, así como cun labirinto infantil de ambientación Halloween, adaptado aos máis pequenos como primeira toma de contacto cun xogo temático de carácter simbólico e non agresivo. A oferta busca así equilibrar diversión, innovación e seguridade.

Un dos eixos centrais desta edición será a inclusión. A organización habilitou zonas específicas para atender a diversidade, como unha área de calma destinada a rapaces con Trastorno do Espectro Autista, unha zona de lactancia e un espazo preinfantil con xogos adaptados ás primeiras idades.

Ademais, o día 3 de xaneiro celebrarase unha sesión especial na que non haberá ruído ambiental, pensada para facilitar a participación de menores con hipersensibilidade auditiva.

Como apoio adicional, haberá pulseiras identificativas que permitirán evitar colas e auriculares illantes de ruído, dispoñibles no punto de información. A programación complétase con obradoiros sensoriais, actividades participativas e sorteos ao longo das distintas sesións.

Pazolandia terá equipado tamén cun amplo dispositivo de seguridade e atención sanitaria, coa presenza de persoal médico, bombeiros, forzas de seguridade e Cruz Vermella.

Nesta edición está confirmada a participación de 62 concellos da provincia, dous terzos do total da provincia, polo que supón unha cifra que reforza o carácter provincial dun evento xa plenamente consolidado como punto de encontro do Nadal ourensán.

Contenido patrocinado

stats