FIESTAS DE SAN LÁZARO
Las madamitas pasan por el fuego en Ourense
UNHA SERIE DE MOITA LINGUA
O OUFF acolleu onte a presentación de “Pensión incompleta”, a primeira serie rodada nas catro linguas oficiais do Estado. A ficción é unha coprodución das televisións autonómicas TVG, EITB e 3Cat e comezou a súa rodaxe en Barcelona esta mesma semana. O proxecto está encadrado dentro da sección Xanela do festival, sobre proxectos en desenvolvemento.
A obra será unha comedia de seis episodios sobre un grupo de xubilados de excursión entre os que se agocha un misterioso ladrón que deixa unha paxariña como sinal. Para a produtora Fernanda Tabarés, a proposta destaca pola súa diversidade lingüística e cultural: “Como a vida mesma, na que cada quen fala a súa lingua”. Ademais, para ela este é un bo momento para dar vida a un proxecto deste tipo, porque a audiencia xa está madura para desfrutar dunha serie en catro linguas diferentes.
Segundo Montse Besada, xefa de contidos da TVG, o proxecto busca “poñer en valor a diversidade lingüística do país”. A serie será rodada en diferentes localizacións de Cataluña, País Vasco e Galicia, incluíndo a Ribeira Sacra e San Andrés de Teixido.
O elenco inclúe nomes tan destacados de la actuación española como como Ane Gabarain, Joseba Paolaza, Luis Iglesia, María Costas e Manuel San Martín. A estrea está prevista para 2026 nas tres canles implicadas e emitirase en versión orixinal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTAS DE SAN LÁZARO
Las madamitas pasan por el fuego en Ourense
DENUNCIA DISCIPLINARIA
Vecinos de Ourense piden expedientar a un técnico de Urbanismo por la discoteca Desorden
UN MILLAR DE CASAS
El PIA de O Vinteún echará a andar antes del cierre de año
DÍA MUNDIAL DEL SÍNDROME DE DOWN
Elena Vaamonde, psicóloga de Down Ourense: "El síndrome de Down no se sufre, se tiene"
Lo último