HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
CAMIÑO DE SANTIAGO
A Deputación volve impulsar a peregrinación pola Vía da Prata a través dunha iniciativa realizada a xunto co Inorde. Cos seus respectivos chuvasqueiros, os peregrinos deron onte o primeiro paso do Camiño dende a Ponte Romana, onde tivo lugar a inauguración deste programa, nun acto ao que acudiron o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o presidente da Asociación de Amigos da Vía da Prata, José Luis Rodríguez Cid.
Ata o 19 de abril, camiñantes de distintos puntos do país achegaranse á cultura galega a través do itinerario xacobeo Camiño Mozárabe-Vía da Prata, con servizos de transporte e guía propios. Fomentando a accesibilidade e a comodidade dos diferentes perfís que queiran chegar a Compostela nesta Semana Santa, a Deputación achega a todos eles a posibilidade de realizar o recorrido en cinco etapas duns 20 quilómetros aproximadamente, cun traslado en autobús e o seu respectivo regreso a Ourense ao remate de cada unha delas. Tempo suficiente para que todos os peregrinos poidan coñecer dos puntos de interese seleccionados para cada xornada, como a visita a Oseira da que puideron desfrutar xa no día de onte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
Lo último
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición "Ecosistema dunha rodaxe"