Perfecto Conde, escritor: "Hai momentos da vida de Carlos Núñez que parecen saír dunha novela de espías"

ENTREVISTA

O escritor e xornalista, Perfecto Conde, fala na súa obra "O comunista que non foi gaiteiro" sobre a vida de Carlos Núñez, pai do gaiteiro co que comparte nome, e que foi militante comunista

Perfecto Conde
Perfecto Conde | La Región

“O comunista que non foi gaiteiro” é o título elixido polo xornalista Perfecto Conde para afondar na memoria do ourensán Carlos Núñez, militante comunista, fillo dun mestre republicano e pai do gaiteiro co mesmo nome. O libro ofrece un relato documentado da súa vida, contextualizando os acontecementos históricos que marcaron o seu camiño e explorando o seu pensamento político. 

Pregunta. Como xorde a oportunidade de deixar por escrito a vida de Carlos Núñez?

Respuesta. Foi o catedrático emérito Xesús Alonso Montero, do que fun alumno, quen me pediu que o fixese. Máis aló diso, a min interesábame a personaxe dun home coma este, aínda que quedei moito máis sorprendido a medida que fun conversando con él. Mantivemos uns doce encontros e nos que me fun decatando que había unha personaxe, non era soamente a idea de que estaba diante dun comunista que fora dirixente do comunismo español, senón que había un personaxe case dunha novela.

P. Que historias aparecen no libro?

R. Naceu en Ourense, aos 16 anos mandárono a Moscú clandestinamente. En realidade, a prepararse como futuro dirixente comunista. A partir desa experiencia na Unión Soviética, que durou tres anos, el converterse nun militante moi activo, que non soamente fixo as cousas que facían os militantes comunistas daquela época, senón que ademais el preparouse alí en determinadas técnicas como criptografía ou transmisión radiofónica. Hai momentos da vida de Carlos Núñez que parecen saír dunha novela de espías. Sospeito que obviamente hai moitas cousas que non me contou, como fan estas personaxes.

P. Como se enfronta vostede a eses encontros co protagonista do seu libro?

R. Eu só coincidira un par de veces con él antes de comezar este traballo, pero dende o principio tiña claro o que quería tratar. Eu non oculto que tamén fun militante comunista, ata o 1969. Por tanto non compartimos todas as ideas e tivemos algúns encontronazos. Porén, e pese a que non me contou todo como digo, si que se acabou abrindo, aínda que me pediu que certas cousas non as publicase, o cal eu comprendo.

P. Que importancia diría que ten Carlos Núñez na historia de Galicia?

R. O lector que lea o libro sacará as súas conclusións. O único que podo dicir é que hai parte da historia de Galicia, da historia de España e incluso parte da historia internacional, posto que él participou en cousas na súa estancia en Moscú, no seu exilio posterior, porque el tivo que fuxir do país logo da folga xeral que houbo en Vigo no 1972.

As frases

“Naceu en Ourense, aos 16 anos mandárono a Moscú clandestinamente”

 “Hai parte da historia de Galicia, de España e incluso internacional neste libro”

Contenido patrocinado

stats