245 ORGANIZACIONES
La alianza entre Cruz Roja y empresas deja 274 empleos en Ourense
FOLLA DE RUTA
Algúns dos candidatos do PP de Ourense ao Congreso e ao Senado -Celso Delgado, Rosa Sánchez Gándara e a suplente Sonia Ogando- mantiveron un encontro coa Asociación de Construtores para debullar as propostas de Alberto Núñez Feijóo de cara ás eleccións do 29-N. Durante a xuntanza, contrapuxeron a política de “anuncios” de Pedro Sánchez, á que culpan da “peor crise de vivenda da nosa historia”, co proxecto do PP. O obxectivo é sentar as bases para construír un millón de inmobles na próxima lexislatura, reducindo a burocracia para iniciar obras de dez a catro anos e aprobando unha nova Lei do Solo nos primeiros cen días.
Neste contexto, destacaron as facilidades de acceso á primeira vivenda para a mocidade, asegurando que contarán “coa maior axuda da historia”: avais públicos do 100%, rebaixa de transmisións patrimoniais ao 4% para menores de 40 anos e a creación da ‘“Hucha Hogar Joven”. O plan complétase coa mobilización de solo público para alugueiros un 30% máis baratos, deducións fiscais por contratos estables e unha lei para garantir desaloxos por ocupación en 48 horas. “Feijóo representa o cambio que necesitamos os españois”, concluíron.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
245 ORGANIZACIONES
La alianza entre Cruz Roja y empresas deja 274 empleos en Ourense
FOLLA DE RUTA
O plan do PP de Ourense promoverá un millón de vivendas
DECENAS DE PERSONAS
Un magosto contra la soledad no deseada en Ourense
COINCIDE CON FESTIVO
Los empresarios de Ourense piden una huelga general sin incidentes
Lo último
Carmen Tomás
El silencio de los corderos
MODERNIZAR INSTALACIONES
Más de 6,5 millones para cuarteles de la Guardia Civil de Ourense