O PP de Ourense pide integrar o termalismo na sanidade pública
MOCIÓN
O grupo popular rexistrou unha moción para impulsar cambios lexislativos que permitan incorporar a balneoterapia á carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde.
O grupo do PP na Deputación de Ourense rexistrou unha moción para o seu debate no pleno deste mes de febreiro na que insta a impulsar o termalismo terapéutico como un recurso sanitario estratéxico, solicitando os cambios lexislativos necesarios para que as actividades balnearias deixen de estar equipar adas ao lecer e poidan integrarse na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde. A iniciativa parte da consideración de Ourense como referente histórico e natural no sector, defendendo o uso das súas augas como un instrumento complementario eficaz no ámbito sanitario.
O texto da proposta céntrase na necesidade de modificar o Real Decreto 1030/2006, cuxo artigo 5.4 exclúe actualmente a balneoterapia da carteira común de servizos ao considerala unha actividade non sanitaria. Os populares advirten que esta normativa reflicte un prexuízo cara ao contido terapéutico destes establecementos e impide o desenvolvemento dunha visión moderna do termalismo.
Por este motivo, a moción propón que a Federación Española de Municipios e Provincias solicite formalmente ao Goberno de España a supresión do termo “balneario” do citado artigo, unha reivindicación que o presidente da Deputación e responsable da Sección de Vilas Termais da FEMP, Luis Menor, xa trasladou en reunións recentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RAZONES HUMANITARIAS
Venezolanos exigen agilizar los cambios en la residencia en Galicia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 15 de junio
IDA POR EL ASCENSO
El Antela mantiene la ilusión intacta tras empatar con el San Tirso (0-0)