O PP de Ourense reclama un plan de mantemento dos ríos da cidade
MEDIO AMBIENTE
Propón que o Concello elabore este plan en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
O PP da cidade reclama un plan de choque para a contorna e os leitos dos ríos urbanos de Ourense e piden ao Concello limpeza e mantemento para frear o seu abandono. Neste senso, levarán ao vindeiro pleno unha moción para urxir a limpeza e mantemento de ríos e regatos que atravesan as zonas urbanas da cidade, como o Miño, o Barbaña ou o Barbañica. A iniciativa responde ao “progresivo abandono e a preocupante acumulación de maleza, ramas e lixo detectada en diversos puntos”.
A concelleira popular Noelia Pérez explicou que “o estado dalgúns treitos dos nosos ríos é lamentable. Non é só unha cuestión estética, senón tamén unha cuestión de saúde pública, de seguridade e de respecto pola contorna natural. Hai que coidar os ríos”. Segundo o PP, esta situación dificulta a circulación normal da auga, aumenta o risco de obstrucións e empeora a salubridade.
A moción propón que o Concello elabore este plan en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Non se trata de grandes obras, senón de actuacións básicas como a limpeza de especies invasoras (acacias e silveiros) ou a poda baixa, tal e como sinala Pérez: “Non se trata de executar grandes obras nin de investimentos millonarios. Só que se faga o mínimo, a limpeza de especies invasoras como acacias e silveiros ou incluso a poda baixa das especies”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
“Un campo cheo de estrelas”
Vídeo | El Xacobeo 2027 estrena himno e identidad visual con la estrella del Botafumeiro como símbolo