Preto de 50 retornados iniciaron en Ourense o Camiño de Santiago
VÍA DA PRATA
42 participantes de Conecta con Galicia selaron a súa compostela en Ourense antes de iniciar a Vía da Prata rumbo a Santiago
Un total de 42 mozos galegos do exterior selaron onte a súa compostela na Oficina de Turismo que a Xunta ten en Ourense. Procedentes de distintos países de América, como Argentina ou Cuba, estes rapaces participan no programa Conecta con Galicia no Camiño, co que puxeron rumbo a Santiago de Compostela, seguindo a Vía da Prata.
Na súa saída, estiveron acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen destacou que esta experiencia serviralles para “coñecer o rural galego, convivir coa nosa xente e conectar coas súas raíces e coas das súas familias”. Neste inicio de etapa tamén participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
O programa Conecta con Galicia no Camiño, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, reúne este ano a preto de 100 mozos de entre 18 e 21 anos de ata sete países distintos de América. O obxectivo da iniciativa é fortalecer os vínculos coa terra de orixe a través dunha experiencia vital, cultural e identitaria como é o Camiño de Santiago.
Co mesmo obxectivo de chegar a Compostela, outro grupo de participantes, neste caso aloxados na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, iniciaron tamén o Camiño que no seu caso seguirá a ruta Portuguesa. Ámbolos grupos de rapaces percorrerán un total de 100 quilómetros, repartidos en oito etapas, ata chegar ao seu destino: a catedral de Santiago.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
Para contemplar el eclipse
“Están como locos buscando gafas”, afirman los ópticos de Ourense
Lo último
DENUNCIA ADMINISTRATIVA
Intervenidos 146 kilos de cigala sin trazabilidad en un vehículo que partió del puerto de Cariño
TERMALISMO OURENSANO
Termas de Ourense de noche: Horarios y precios de Outariz y Prexigueiro en verano
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense