PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
FESTIVAL DE CINE
A Asociación Galega de Productoras Independentes, Agapi, en colaboración co Ourense Film Festival (OUFF), organiza o III Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Productoras (PAP) que se celebrará os días 28, 29 e 30 de setembro no Balneario de Laias. Deste xeito, Ourense será de novo o epicentro das federacións e asociacións que pertencen a esta plataforma.
Durante os tres días sinalados, reuniranse na cidade, no marco da celebración do festival, para tramitar a situación actual do sector audiovisual en España, a relación coas plataformas, os contratos e os dereitos de propiedade intelectual ou do marco lexislativo e fortalecer a cooperación entre federacións e produtoras.
É un espazo esencial para o traballo conxunto entre as principais asociacións de produtoras audiovisuais do estado. É uha oportunidade para que o sector se cohesione e avance en propostas comúns
A Plataforma Audiovisual de Productoras está formada por tódalas federacións de produción audiovisual de España, polo que o principal obxectivo do encontro é lograr unha mellor comunicación entre elas. Ademais, a través desta cita búscase definir unha liña de acción concreta conxunta, aumentar a competencia de traballo colaborativo e conseguir un impacto de resultados positivos no OUFF. “É un espazo esencial para o traballo conxunto entre as principais asociacións de produtoras audiovisuais do estado. É uha oportunidade para que o sector se cohesione e avance en propostas comúns”, asegura Felipe Lage Coro, presidente de Agapi.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año
Fermín Bocos
El regreso de Puigdemont
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 1 de octubre