Profesionais do CHUO fórmanse en Ecografía
ECOGRAFÍA CLÍNICA
O CHUO albergou o curso “Actualización en Ecografía Clínica”
Profesionais do Hospital Universitario de Ourense participaron este xoves no curso “Actualización en Ecografía Clínica”, organizado polos especialistas do Servizo de Cardioloxía e Medicina Interna Javier Merelles e Rocío del Carmen Gómez. Un paso máis na formación do persoal médico e residente, que puido coñecer en profundidade a utilidade diagnóstica do equipamento, cada vez máis accesible en numerosos servizos.
A Consellería de Sanidade dotou durante o ano 2024 a área sanitaria de Ourense de 72 novos ecógrafos que se atopan hoxe dispoñibles en centros de atención primaria e hospitais. Posto que a ecografía estase a converter nunha ferramenta clave de apoio diagnóstico, acábase de pór en marcha o Plan Integral de Formación en Ecografía para médicos de Atención Primaria, a través da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último