LLUVIAS INTENSAS
Graves daños en Valdeorras

Consulta todas as películas que se proxectan no 'Cine na Rúa'

EN 30 MUNICIPIOS OURENSÁNS

Comenza un programa de cine ao aire libre en 30 concellos ourensáns.

Publicado: 29 jul 2025 - 17:45 — Actualizado: 29 jul 2025 - 18:11
CICLO DE VERAN OURENSE
CICLO DE VERAN OURENSE | La Región

A Deputación de Ourense organiza un programa de proxeccións ao aire libre en diferentes concellos ourensáns. O proxecto, chamado “Circuíto provincial de cine de verán 2025”, achegará o audiovisual a 30 municipios ourensáns. Dende a área de Cultura da Deputación ponse en valor a “cooperación” para levar a cabo este proxecto, destacando o apoio de Agadic, presidido por Jacobo Sutil, de Gadis e da organización do cine de verán, a través da figura de Xoán Mariño.

Cinco títulos para todos os públicos

As películas que se proxectarán ata o próximo 30 de setembro son: “+ Cuñados”, “As Neves”, “Antes de Nós – Castelao”, “Os demos de Barro” e “Chicken Run – Amanecer de los Nuggets”, contribuíndo á variedade de formatos e adaptándose a todo tipo de público. Ademais, varias das películas rodáronse en Ourense e contaron con apoio da Deputación de Ourense.

  • “+ Cuñados”, a longametraxe proxectarase nos concellos de Barbadás, Maside, Nogueira de Ramuín, Celanova, Vilariño de Conso, O Bolo, Melón e Sarreaus.
  • “As Neves” poderá verse en Viana do Bolo, Castrelo de Miño, Piñor, Avión, Montederramo e San Xoán de Río.
  • “Antes de Nós -Castelao” estará en Verea, Vilar de Barrio, A Peroxa, Cartelle, Maceda, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.
  • “Os demos de Barro” exhibirase en Bande, Baños de Molgas e Allariz.
  • “Chicken Run – Amanacer de los Nuggets” proxectarase en Boborás, Esgos, Paderne de Allariz, A Mezquita e Carballeda de Avia.
 O Cine de Verán achega o audivisual a 30 municipios ourensans
O Cine de Verán achega o audivisual a 30 municipios ourensans | La Región

Contenido patrocinado

stats