CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ENTIDADE BENÉFICA
A rede de voluntariado de Protección Civil da provincia de Ourense fixo efectiva a entrega de alimentos non perecedoiros ao Banco de Alimentos. O acto tivo lugar no almacén que a entidade benéfica xestiona no polígono de San Cibrao das Viñas, coa presenza do delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, que acompañou a entrega do material recollido a través do servizo provincial de Emerxencias. A iniciativa, desenvolvida baixo o lema “Por un Nadal feliz para todos”, mobilizou a un total de 37 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia. Para a recolección, os voluntarios habilitaron puntos de entrega en edificios públicos como consistorios, centros de saúde e colexios, así como en supermercados e áreas comerciais.
Desde a Xunta, sinalaron que a campaña non se marcou un obxectivo cuantitativo de quilos, senón que buscou canalizar a solidariedade veciñal para apoiar ás familias máis vulnerables nestas datas. Manuel Pardo aproveitou a visita para agradecer o traballo “desinteresado e altruísta” dos voluntarios e confiou en que esta achega axude a “paliar as carencias dos menos afortunados”.
As agrupacións que participaron na recollida pertencen aos concellos de Allariz, Amoeiro, Avión, Baños de Molgas, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, Calvos de Randín, O Carballiño, Castrelo de Miño, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, A Gudiña, Gomesende, O Irixo, Mancomunidade do Ribeiro, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Piñor, A Pobra de Trives, Porqueira, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sarreaus, A Veiga, Vilamarín, Vilar de Santos, Vilardevós, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último