O PSOE insta ao goberno local a reformular os pregos do lixo
O PSOE levará ao pleno de marzo unha iniciativa para mellorar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, reformulando os pregos de licitación e introducindo melloras laborais e ambientais.
Ante o “empeoramento continuo e patente” dos últimos anos no servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello, o PSOE levará ao vindeiro pleno de marzo unha iniciativa para instar ao goberno local a reformular os pregos de licitación do contrato, introducindo as melloras en materia de contratación laboral pactadas e implementar na valoración técnica da licitación a educación ambiental.
“Moitos colectores están rotos ou en mal estado, a frecuencia de recollida non é axeitada nin responde ás necesidades da veciñanza e o lixo acumúlase por mor de dita frecuencia”, destaca a edil María Fernández.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
Lo último