COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
CLAUSURA
Rematáronse os flocos de millo, toca prender as luces e levantarse das butacas. O Ourense Film Festival (OUFF) pechou onte a súa 30ª edición coa satisfacción de ter sido un ano ambicioso, no que, unha vez máis, se trouxo á cidade filmes de primeiro nivel que encheron as salas ao longo da última semana.
O Auditorio Municipal acolleu unha gala de clausura que estivo marcada pola emoción, pero na que non faltou humor e recoñecemento a grandes figuras do panorama cinematográfico. Volveu soar o OUFF Theme composto por Jose Manuel Cancela nesta edición, para dar paso a Lucía Rodríguez e Secun de la Rosa. Eles foron os encargados de conducir a cerimonia, cun patio de butacas que se desfixo en aplausos en varios momentos da noite.
O director artístico do festival, Óscar Doviso, subiu ao escenario para facer balance da súa primeira edición á fronte do OUFF. “Chegamos ó final dunha semana intensa, chea de emocións, descubrimentos e encontros”, destacou, insistindo en que esta é “unha viaxe compartida” a que toca “poñerlle punto e seguido”. “Foron días nos que Ourense se converteu nunha xanela aberta ao mundo, traendo historias descoñecidas e necesarias”, resaltou Doviso, que asegurou que a cidade “seguirá a ser unha casa para o cine”.
Un dos momentos máis agardados da noite foi a entrega da Calpurnia de Honra, que este ano recibiu o director e actor Daniel Guzmán, pola súa sólida traxectoria e a súa mirada comprometida co cinema social. “El cine ha dado sentido a mí vida, me hace muy feliz, aunque a veces pierda otras cosas”, recoñeceu emocionado o protagonista.
Proxectouse un vídeo sorpresa de Luis Tosar, quen lle dedicou unhas palabras de afecto e admiración. “Daniel é unha das persoas que logrou nesta industria da cinematografía un ingrediente, que as veces se volta en falta, que é a humanidade”, quixo subliñar o actor galego. O propio presentador da gala, de la Rosa, tamén quixo por en valor a figura de Guzmán, a quen lle debe a súa primeira oportunidade no mundo audiovisual.
Fíxose entrega dun total de 14 galardóns, que recoñeceron as visións de talentos galegos e tamén internacionais. Luis Menor felicitou aos gañadores e agradeceu o “gran traballo” da nova dirección do festival liderada por Óscar Doviso, e o apoio dos patrocinadores, entre os que se atopa La Región.
A noite contou tamén cunha actuación musical, que estivo a cargo de Luis Fercán, que contribuíu a manter a emoción e a atención do público ata o final da cerimonia. Para por o broche final proxectouse “La deuda”, a última película de Daniel Guzmán, que segue a liña social que busca transmitir o OUFF.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rexurbe: una factura de 41 millones para el Casco Vello
Lo último
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
MISIÓN COMERCIAL
El sector naval andaluz busca oportunidades de negocio en la India