DE CAMBADOS A OURENSE
Condenado por dirigir una red de droga local pero absuelto del alijo de Perú
ENTREVISTA
Esta semana empezou un novo curso académico cheo de retos e novidades. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (Lalín, 1968) analiza a folla de ruta dos vindeiros meses e pon en valor os logros acadados nos distintos niveis educativos.
Pregunta. Como se presenta o curso académico que vén de comezar?
Resposta. Este curso empeza cunha serie de novidades tantos estruturais como puramente educativas. Na perspectiva estrutural hai unha perda de alumnado de entorno a 4.200 alumnos, sen a Formación Profesional, que temos a dato en setembro. Manténse a liña habitual dos últimos anos de redución de alumnado. Sen embargo, temos un incremento do cadro de persoal de profesorado, en torno a 150 profesionais, para intentar dar unha mellor atención e cumprir cos compromisos do acordo asinado coas organizacións sindicais hai uns meses. Dende a perspectiva xurídica, hai unha gran novidade. Falo da posta en marcha da aprobación da Lei de Educación Dixital. Por todo o que implica en canto á innovación é unha lei pioneira en España, que quere regular os dereitos e deberes do uso da tecnoloxía nos espazos educativos.
P. Cal é a prioridade a hora de ofrecer unha educación dixital?
R. Para nos é fundamental que os centros educativos sirvan para divulgar as competencias dixitais. Queremos consolidar un modelo propio de Galicia, fundamentado nun modelo híbrido onde a tecnoloxía se mistura con material analóxico tradicional, para intentar aproveitar as potencialidades de ambos e minimizar os riscos.
P. No que se refire á Formación Profesional, unha das grandes novidades deste ano é a FP Acelerada. Logrouse o resultado agardado?
R. Obviamente o primeiro ano sempre custa arrancar, pero é unha modalidade pioneira en España. Pretende basicamente dar formacións máis rápidas, dentro dun programa académico máis especializado e máis flexible, para dar resposta aos sectores produtivos que necesitan incorporacións moi rápidas e tamén para os propios alumnos que, a través dunha formación acelerada, van poder empregarse moito máis rápido. Aquí en Ourense ofértanse varias titulacións, en A Farixa e Vilamarín. Búscase moita flexibilidade e axilidade.
P. Precisamente en Ourense está o CGIFP Eduardo Barreiros, un lugar de referencia que traballa en distintos proxectos…
R. Este centro comezou a funcionar no 2022 con tres piares: fomentar a innovación, formar aos profesores de FP nas áreas máis especializadas e fomentar o emprendemento industrial a partir da innovación. Creo que está tendo unha dinámica moi positiva, a implicación do profesorado e das empresas é un exemplo de bo traballo no ámbito da Formación Profesional. É a cabeza pensante e divulgadora para toda Galicia. Cabe sinalar que o centro Eduardo Barreiros ten xa a primeira patente que é o resultado dun proxecto vencellado ao programa InnovaTech. Participan varios institutos e Viaqua, que foi quen lanzou un reto ao profesorado e alumnado para reducir os custos de mantemento no ámbito das fosas sépticas. A patente permite aplicar a investigación feita e empezar a traballar na súa comercialización. É un éxito notable do centro, para estar moi satisfeitos.
P. Na cidade está tamén o Campus Auga da Universidade de Vigo, ve nel proxeccións de futuro?
R. Ourense está apostando por titulacións de futuro e está acertando. As últimas titulacións que se incorporaron, pensemos en Aeronáutica ou Intelixencia Artificial, falan de que hai unha oferta moi innovadora de futuro. Unha oferta académica ten que estar constantemente modernizándose, cambiando, reestruturándose internamente. Creo que os últimos pasos dados por parte da Universidade de Vigo e por parte do campus de Ourense son moi positivos. Ademais, o novo edificio de Aeronáutica vai marcar un antes e un despois dunha titulación moi demandada.
P. Como ve o futuro da titulación de Medicina en Galicia?
R. Unha das características que ten tido o sistema universitario galego nos últimos anos é que fomos capaces de chegar a grandes acordos nos eixos vertebrais, en financiamento e no deseño do mapa de titulacións. Confío en que as tres universidades, a través dos seus reitores, están negociando para poder chegar a un punto de encontro que permita aumentar e incrementar a descentralización. O reto que teñen por diante e posibilitar que a ensinanza no ámbito de medicina siga sendo unha ensinanza moi prestixiosa, que integre todos os recursos dos sistemas para seguir mellorando e avanzando, tendo en conta os retos de substitución de profesionais que vai haber a medio prazo.
P. A nivel infraestruturas, está en marcha a construción dun novo centro educativo na provincia…
R. Estamos moi contentos de que, despois de moitos anos, vaiamos construír un novo instituto, porque rompe a dinámica. Este novo instituto no Pereiro ven derivado dun crecemento demográfico deste concello. O novo edificio vaise construír conforme aos parámetros da arquitectura pedagóxica e vai ser unha realidade en moi poucos anos. Será o primeiro novo centro que se constrúe na provincia de Ourense nos últimos anos.
P. Esta previsto algún centro máis? En Barbadás levan anos pendentes…
R. Daremos resposta as demandas que existen. Hai un dato moi importante, en Galicia, o 93% dos concellos teñen un centro educativo. No caso concreto de Barbadás, estivemos moitisimo tempo esperando por un solar que o concello nunca puxo a disposición e optouse neste caso pola ampliación do Ferro Couselo, precisamente para acoller o aumento de alumnado que podía haber nese concello. Todas as demandas que se presentan se van estudando e avaliando.
P. O gran reto que queda é poder reter as persoas que se forman en Galicia?
R. Sí, é unha das premisas básicas. O noso sistema educativo forma ás persoas, faino ben, creo que con un nivel máis que aceptable. O informe PISA, se algo nos di é que Galicia fai un notable esforzo no ámbito educativo para darlle oportunidades aos nosos mozos, por riba do que sería esperable en función da nosa renda. Iso posibilita que teñamos na Formación Profesional un nivel de inserción altísimo. O 86% nos ciclos ordinarios e o 100% nas duais colócanse de xeito inmediato no mercado laboral. Tamén no ámbito universitario hai unha taxa de empregabilidade moi alta. É certo que algunhas persoas van traballar fóra, pero iso tamén significa que están ben formados e temos que celebralo. Ao que temos que aspirar non é so a que os nosos mozos se manteñan en Galicia, vivan aquí e produzan aquí, senón tamén a atraer o máximo número de persoas de fóra, sobre todo para que nos axuden na situación demográfica que estamos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DE CAMBADOS A OURENSE
Condenado por dirigir una red de droga local pero absuelto del alijo de Perú
ENTIDADE BENÉFICA
Protección Civil entrega as doazóns de 37 concellos
Lo último
NAVIDAD EN RIBADAVIA
Ribadavia se llena de magia con Papá Noel y el Apalpador
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
Arturo Maneiro
Lucha intestina en el PSOE