UNA VIDA DE COLECCIÓN (XV)
Reírse a costa de la muerte
DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO
O ciclo de homenaxes a “O Tío Marcos d’a Portela”, e por consecuencia á figura de Valentín Lamas Carvajal, continuou onte cun acto que arrancou no cemiterio de San Francisco, onde repousan os restos do escritor e xornalista, e que continuou cun roteiro polas rúas máis representativas da vida e obra do autor.
A programación conmemorou o 150 aniversario -cumplido onte- da primeira publicación deste xornal, o primixenio en lingua galega, data pola cal se instaurou o Día dos Medios en Galego.
A cita reuniu a preto de un centenar de asistentes, entre eles representantes de entidades culturais, institucionais, veciños da cidade e incluso descendentes dun dos grandes impulsores do xornalismo en Galicia, nunha mañá na que o tempo respetou o perfecto desenvolvemento da celebración.
O evento comezou ás 11,00 horas a través dunha ofrenda floral preto do lugar de enterramento de Lamas Carvajal, a través dunha coroa de flores co seu nome e os 150 anos de “O Tío Marcos d’a Portela”, un xesto simbólico co que se quixo lembrar a importancia histórica da publicación.
No acto ensalzouse a obra xornalística de Lamas Carvajal coma un fenómeno social que fuxiu no elitismo, levando a realidade e o sentir do pobo ata un punto xamais explorado ata o momento, dende a expresión da súa fala ata a representación das temáticas do día a día e populares dos galegos da época. “Usou a escrita como unha ferramenta de intervención pública, ao servizo do pobo de Galicia, da súa identidade, da súa cultura de fondo, de raíz popular”, expresó la presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
“Vivimos nuns tempos nos que a presenza e o prestixio do do galego é moito maior, grazas xustamente a persoas que, coma el, conquistaron terreos que parecían vetados para esa lingua que se entendía campesiña e do fogar, pero para o que el, entre outros, loitaron para conseguir espazos de prestixio, pero pola contra, estamos a perder os niveis de uso”, reflexionou a académica da Real Academia Galega (RAG), María López Sández.
Entre os presentes na homenaxe tamén estivo Manuel López-Rivadulla Lamas, bisneto de Lamas Carvajal e catedrático na Universidade de Santiago. “Para a nosa familia, este recoñecemento supón tamén unha reafirmación do valor humano de ‘Don Valentín,’ do home comprometido, do observador atento da realidade social, do creador que soubo dar voz a quen non sempre a tiña”, destacou López-Rivadulla.
Tras a ofrenda, a programación continuou cun roteiro polo norte da zona vella da cidade, unha iniciativa organizada polo Consello da Cultura Galega destinada a achegar á cidadanía aos espazos máis significativos da vida e traxectoria do autor. A actividade estivo guiada por Alfonso Vázquez Monxardín, que foi debullando diferentes episodios da biografía de Lamas Carvajal e demais anécdotas, acompañado pola música de gaiteiros.
O roteiro percorreu puntos como a Praza do Correxidor, a sede da redacción de “O Tío Marcos d’a Portela”, na rúa Lepanto 18, As Burgas, a Alameda, ou a praca do protagonista na Praza Maior, entre outras estancias, ata finalizar no Liceo de Ourense, onde os presentes desfrutaron dun cocido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XV)
Reírse a costa de la muerte
EMPRENDIMIENTO DIGITAL
Jorge Vázquez, CEO de Redegal: “el dato solo crea valor cuando impacta en resultados”
DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO
Un roteiro que viaxa 150 anos ao Ourense de Lamas Carvajal
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Jesús García Mata, jefe de Oncología del CHUO: "El cáncer cada vez es menos tabú"
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 8 de febrero, en Ourense
SOLO VALE GANAR
El Barbadás afronta sin red el duelo ante el Noia en Os Carrís
RUMBO A FILIPINAS
Iván Clarete, Mr. Eco Spain: Perseguir un sueño en el mundo de la moda