CENTRO ÁNGEL VALENTE
Una exposición en Ourense recoge las primeras grandes gestas de la aviación española
ENTREVISTA
“Thelma e Lola”, obra de estrea absoluta, abriu o FITO no Teatro Principal de Ourense. A obra explora cos seus catro personaxes temas tan importantes como a perda de raíces, o abandono rural ou as relacións humanas.
Pregunta. Como xurde a idea de “Thelma e Lola”?
Respuesta. Queriamos satirizar temas sociais pero dándolle una capa de misterio, que é este asasinato sen resolver que inicia a trama e a investigación de Thelma en estilo “True crime” , inda que xogamos co formato. Thelma comunícase en tres planos: o propio mundo de ficción, o que ela se imaxina que sucedeu en certas escenas e, finalmente, tamén fala co espectador rachando coa ficción do teatro.
P. Que vos distingue á “Compañía de Teatro Ningures”?
R. Levamos 40 anos no mundo do teatro pero as nosas obras, polo propio formato, non teñen tramas de moitos personaxes. Somos unha compañía de catro socios que estamos sempre e despois traballamos con xente de moitos lugares.
P. Cales son os temas centrais da obra?
R. O desarraigo e a emigración son moi importantes. Buscamos satirizar con estes problemas, especialmente no rural, onde vemos unha forte homoxeneización, incluso as paisaxes e as maneiras de vivir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENTRO ÁNGEL VALENTE
Una exposición en Ourense recoge las primeras grandes gestas de la aviación española
LONGEVIDAD A EXAMEN
Iberlongeva se centrará en la calidad de la vejez ourensana
Lo último