CONTRA EL RUÍDO
O Cimborrio se planta ante la ocupación del espacio público
INVESTIGACIÓN
Ourense/ Ester mércores deu comezo a celebración da primeira xornada do I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora, Aquaxi´25. Ten lugar na Facultade de Ciencias, e conta coa inscrición de 150 persoas e 300 investigadores pertencentes a numerosos grupos de investigación das diferentes escolas e facultades ourensás, maioritariamente relacionadas co Campus Auga a través dos grupos de investigación e entidades ás que pertencen. “O comité organizador somos rapaces novos, ademais de contar coas colaboracións non puntuais do Campus de Ourense, vicerreitorías e director do Campus Auga”, afirma Iago Blanco, xestor.
Organizado polo Campus Auga, proxecto financiado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, tamén destaca a participación das tres universidades galegas e institucións lusas, como as universidades de Porto, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro, o Instituto Politécnico de Bragança e AquaValor.
Aquaxi´25 está especialmente pensado para persoal investigador en formación, tanto en etapas predoutorais como posdoutorais e persoas que inician a súa traxectoria científica. A iniciativa tamén está aberta a persoas cunha traxectoria investigadora consolidada, que desexan contribuír ao enriquecemento científico do encontro.
Na xornada de onte tratáronse temas como as funcións do solo e servizos ecosistémicos; economía e turismo termal; a xestión e uso das augas termais ou a biotecnoloxía alimentaria, entre outros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONTRA EL RUÍDO
O Cimborrio se planta ante la ocupación del espacio público
SALUD NEUROLÓGICA
La unidad de ictus del CHUO roza los 520 ingresos en su primer año
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 30 de octubre?
LA REVISTA
Ramón Campos, el mago audiovisual gallego