LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
CONTO DE PACO LÓPEZ
Ourense/ O pasado mes de xullo, Teófilo Edicións lanzou o libro “Castelao entre nós, 75 anos despois”, do escritor ourensán Paco López-Barxas (Ponte Barxas, Padrenda) como homenaxe ao ilustre Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, un dos pais do nacionalismo galego e figura clave da cultura galega.
O mesmo escritor, tamén dentro do selo editorial de Teófilo Edicións, vén de publicar o conto infantil “Os soños de Daniel”. Esta obra está destinada principalmente aos lectores máis novos, co obxectivo de que coñezan a vida, as pezas e o pensamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Os nenos poderán percorrer unha viaxe imaxinaria polos soños e arelas de Castelao, a través das ilustracións de Isabel Pintado, que se converten nun xogo visual que acompaña ao texto coa mestura de cores vivas, trazos suaves e escenas que convidan á fantasía e a imaxinación. Polas páxinas desta historia, nas que se mestura realidade e ficción, os lectores máis pequenos descubrirán un neno coma eles, que debuxa, soña e imaxina unha Galicia diferente sobre un vello mapa de Fontán que, pouco antes da súa viaxe á Arxentina, atopa na casa dos seus avós.
A publicación desta obra, para o editor José Luis Teófilo, forma parte do marco da celebración do Ano Castelao, co obxectivo de cubrir o baleiro existente dentro das publicacións destinadas aos lectores máis novos, coincidindo co inicio do curso escolar. Unha proposta diferente, luxosamente editada e didáctica para achegar a figura de Castelao, e facela máis próxima a todos os que sintan a curiosidade de coñecer a súa traxectoria.
Segundo o autor, “Os soños de Daniel” pretende recrear os anos da infancia e adolescencia de Castelao, transcorridos entre o seu Rianxo natal e os da adolescencia en Arxentina. Unha homenaxe “a quen soñou cunha Galicia máis libre; unha invitación para descubrir a humanidade dun artista, político e escritor que, co seu talento, deu voz ás esperanzas dun pobo”. O resultado é un libro que se le coa mirada antes de descifrar o seu contido. “Os soños de Daniel” está escrito nunha linguaxe clara e fácil de comprender co obxectivo de ser lexible e accesible para o público infantil. Deste xeito, o autor reconstrúe os primeiros pasos de Castelao. Esta é a publicación número 15 de Teófilo Edicións no 2025 e entrégase nunha bolsa cun lazo a modo de agasallo, para continuar homenaxeando a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
Para contemplar el eclipse
“Están como locos buscando gafas”, afirman los ópticos de Ourense
SEGURIDAD EN CADA OPERACIÓN
El CHUO introduce un túnel de lavado para esterilizar su material quirúrgico
Lo último
RUTAS PARA REFRESCARSE
Cinco rutas de senderismo en Ourense para combatir el calor de agosto
IA SIN CONTROL
Del “Círculo vicioso” de Asimov al ataque autónomo de OpenAI
Víctor González
MI PLAN PERFECTO
Cuento de verano