Os traballadores do Nóvoa Santos esixen negociar coa Xerencia
TRASLADO DE PACIENTES
A comisión acusa á Xerencia da “falta de información e diálogo” e de adoptar actitudes “preconstitucionais”
Ante a demolición do centro de saúde Nóvoa Santos e a reubicación dos seus pacientes durante o tempo que duren as obras, a Comisión de Centro de Atención Primaria da área de Ourense reuniuse de xeito urxente para analizar as medidas a tomar ante o que consideran unha “falta de información e diálogo” por parte da Xerencia. A comisión tilda de “indignante” que esta realizara reunións co persoal, “ninguneando” aos representantes sindicais, levando a cabo actitudes “preconstitucionais”. Ademais, vén de recordar que levan tres anos “pedindo información sobre este feito coñecido”, coa intención de negociar un Plan de traslado eficiente para traballadores e doentes. En concreto, son 70 os profesionais sanitarios afectados por unha decisión tomada, segundo a comisión, “de xeito unilateral” por parte da Xerencia, ignorando unha “materia de obrigada negociación”.
Os socialistas de Ourense súmanse ás peticións dos profesionais, e piden á Xunta de Galicia que escoite as súas demandas e que “deixe de xogar ao tetris coa Sanidade Pública”. Entre as cuestións que lanzan ao goberno galego, piden que se dean explicacións sobre o que vai acontecer co departamento de Saúde Mental e co Centro de Orientación Familiar que se situaba nese edificio da rúa Xoan XXIII.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último