CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
INAUGURACIÓN
A obra de Virxilio por fin ten o seu lugar como referente da cultura ourensá no eido da plástica. O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugurou onte a exposición “Virxilio inédito (1925-2025)”, coincidindo co centenario do nacemento do artista, falecido no ano 2011. Seis décadas de traxectoria conflúen nun espazo que acolle con agarimo a pegada pictórica de quen, segundo as palabras que lle dedicou Luis Menor, presidente da Deputación, foi “máis ca un artistiña”, pois foi “un artistazo”. Opinión compartida polos que destinaron un oco da súa mañá para honrar a quen non sentía deste xeito o seu papel na arte. “Un día díxenlle que el era un artista, e respondeume que non, que era un artesán. E non esquezo esas palabras”. Así lembran a Virxilio quen o coñeceron, como Elías Ventura, que non dubidou en compartir a súa admiración polo ourensán: “Son obras moi traballadas, moi minuciosas e de moitísimas horas. Era unha persoa moi traballadora e moi entregada á súa vocación”.
Unha homenaxe que, para todos os que contemplaban as súas estancias en Alemaña, as paisaxes ou o seu traballo como cartelista, “chega tarde, pero chega”. “É algo que se merecía Virxilio porque foi alguén moi importante para Ourense, e que bonito que lle fagan este recoñecemento”, sinala Marcela Rodríguez, unha das visitantes que destacou a beleza do centenar de obras que enchen a sala do centro cultural. Segundo Leandro Sánchez, tamén pintor, “era necesario que se lle fixera unha homenaxe a este home porque foi unha vivencia moi boa para os artistas de toda Galicia”. Necesidade subliñada pola comisaria da exposición e filla de Virxilio, Gabriela Fernández, quen puxo en valor a dificultade que supuxo recoller todos os anos de traballo do seu pai, así como remover nos recordos dunha vida que xa non poden compartir. Cun carácter lixeiramente reivindicativo, alentou Gabriela a loitar por un fomento do ámbito cultural nunha cidade que é “máis que viños e máis que augas termais”.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, aproveitou a ocasión para falar do “gran peso ourensán” que hai na colección artística parlamentaria, onde non falta a obra de Virxilio. Unha obra que agora se presenta coma unha homenaxe de xustiza, tanto para el como para outros artistas que comparten a mesma xeración de pincel, como Arturo Baltar ou Baldomero Moreiras. Para este último -tamén presente no Valcárcel- o de onte foi “un día de ledicia, de orgullo e felicidade para Ourense, para os artistas e para toda a cidadanía”. Felicidade contaxiada a todos os axentes que participaron no tributo dunha obra que non necesita ser asinada, porque só fan falta os trazos para recoñecer a man de Virxilio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"
FIESTAS DE SAN LÁZARO
Las madamitas pasan por el fuego en Ourense
DENUNCIA DISCIPLINARIA
Vecinos de Ourense piden expedientar a un técnico de Urbanismo por la discoteca Desorden
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria