QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
40 ANIVERSARIO
As Xornadas de Folclore -organizadas pola Deputación de Ourense- celebran este ano o seu 40 aniversario. Coa intención de conmemorar o percorrido ao longo destes anos, entre a programación desta edición do festival inclúese unha exposición itinerante, que percorrerá os concellos da provincia. Trátase dunha mostra da cartelería empregada para anunciar todas as edicións deste evento cultural de referencia en Ourense e en Galicia.
Esta exposición xa puido visitarse no Concello de Celanova e agora continúa na Casa de Cultura de Allariz, onde permanecerá ata o vindeiro 18 de agosto. O percorrido seguirá en Carballiño ata final de mes e en Xinzo e Ribadavia durante setembro. Con todo, a previsión é que, nos seguintes meses, a exposición tamén se exhiba en máis municipios ourensáns.
Os carteis que conforman a mostra son obra de diferentes artistas da provincia, como Virxilio, autor do primeiro cartel en 1984 e que logo repetiu noutras edicións. Outros pintores como Vidal Souto, Alexandro ou Juan Valcárcel, entre outros artistas de referencia, tamén participaron con creacións exclusivas nas que amosaban a súa visión do festival de folclore que durante estes días de agosto percorre a provincia.
Entre o próximo luns, 11 de agosto, e o xoves 21 de agosto, un total de 187 artistas agrupados en seis formacións folclóricas actuarán en Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana e Xinzo, ademais da cidade. As agrupacións chegarán dende distintos países como Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia, para celebrar unha nova edición dun evento xa consolidado no panorama cultural, que organiza a Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta e dos diferentes concellos que acollen este evento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%