Unha IA que detecta o cancro premiada polo Campus Auga de Ourense

SISTEMA DE SAÚDE

Rubén Domínguez Carbajales, xefe do Servizo de Infraestruturas e Arquitecturas Tecnolóxicas da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras foi premiado pola súa participación na tese de doutoramento “Diseño de un sistema CAD en colonoscopia basado en aprendizaje automático”

Rubén Domínguez Carbajales, o premiado
Rubén Domínguez Carbajales, o premiado

A intelixencia artificial continúa modernizando o Sergas. Nesta ocasión, o Campus Auga fixo entrega dun dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica á tese de doutoramento, dirixida polos doutores Miguel Reboiro Jato e Hugo López Fernández, que ten por título “Diseño de un sistema CAD en colonoscopia basado en aprendizaje automático”.

O premio foi recibido por Rubén Domínguez Carbajales, xefe do Servizo de Infraestruturas e Arquitecturas Tecnolóxicas da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras e colaborador clave do proxecto, quen destacou a importancia do desenvolvemento transversal no sistema de saúde, que combine ás áreas de sanidade e informática.

Neste eido o Sergas está á vangarda. Os sistemas informáticos interveñen en case todos os procesos hospitalarios, desde a citación de consultas, ata a programación dun quirófano, á dispensación de medicamentos ou o acceso á historia clínico.

A intelixencia artificial é capaz de recoñecer patróns asociados ao desenvolvemento dun cancro grazas a procesar unha gran cantidade de fotos mediante técnicas de aprendizaxe profunda. O sistema comunícase co especialista durante a propia exploración, localizando posibles pólipos. A detección deste pólipos é especialmente relevante en casos de cancro colonorectal, xa que moitos casos desenvólvesen a partir deles, poidendo ser extirpados antes de converterse en tumores malignos se son detectados a tempo.

Contenido patrocinado

stats