DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 18 de enero
COÑECER OS VÍNCULOS
A investigadora Laura Paz Fentanes ven de presentar na Universidade de Santiago de Compostela a súa tese doutoral “Epistolario de José Ángel Valente con escritores españoles de posguerra. Correspondencia con los miembros de la generación del 36”, dirixida polo poeta e director de Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética Claudio Rodríguez Fer. O traballo recopila, transcribe e analiza a correspondencia do poeta ourensán con oito escritores: Luis Rosales, José Luis Cano, Camilo José Cela, Carlos Bousoño, José María Valverde, Gabriel Celaya, Blas de Otero, Eugenio de Nora e Ramón Xirau.
O resultado da investigación permite coñecer o tipo de vínculo que Valente mantivo con cada un dos autores e coa xeración do 36 en conxunto, que cronoloxicamente é anterior a súa. “Afondar nas cartas de Valente permítenos coñecer datos de tipo profesional e persoal, que permiten que nos fagamos unha idea de como era a súa vida e como se relacionaba”, explica a autora da tese.
Para levar a cabo este estudo, Paz Fentanes valeuse do legado de Valente custodiado na Cátedra que leva o seu nome, onde se conservan os milleiros de cartas que recibiu o poeta e as centos de copias das súas propias misivas que gardou, pero tamén tivo que buscar moitas das que este enviou e que agora obran en mans públicas, privadas ou familiares, segundo cada caso. Ademais, consultou a biblioteca persoal de Valente e ducias de libros relacionados coa súa vida e coa súa obra, así como cos escritores estudados da xeración do 36.
Non é a primeira vez que esta investigadora traballa arredor da figura de Valente. “O meu TFG era sobre o poeta e fixen prácticas na súa Cátedra”, asegura. Non dubida a hora de dicir que de seguro “siga traballando toda a vida sobre Valente”. Con todo, recoñece que ao longo de este estudo quedou sorprendida co legado de José Luis Cano e Camilo José Cela, polo que ten pensado afondar tamén nas súas historias nos próximos anos.
O tribunal encargado de valorar a tese estivo presidido por Adolfo Sotelo Vázquez, da Universidade de Barcelona, e conformado tamén por Isabel Giménez Caro, da Universidade de Almería, e Alejandra Ulla Lorenzo, da Universidade de Santiago de Compostela. Cualificaron o traballo cun Sobresaliente Cum Laude.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 18 de enero
AMENAZAS CON CONTAR A SU MARIDO SU RELACIÓN
Piden tres años para un acusado de estafar 156.000 euros en efectivo y joyas en Ourense a una mujer que conoció en Facebook
SIN INDICIOS DE RETIRADA
Segunda jornada de reivindicaciones del sector primario en la N-120 después de una gélida noche
Lo último
Víctor González
El "bolígrafo bikini"
ENTRE EL 21 Y EL 25
Fitur 2026: Los días más grandes del turismo
OBRADOIROS DE EMPLEO
Más de 500 participantes en los cursos de formación Agrupación Carbosam