LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
UNIVERSIDADE
A Universidade de Vigo volve a reafirmar e visibilizar o seu compromiso activo coa loita pola igualdade de xénero. Este xoves, no seu acto institucional co gallo do 8M -Día Internacional da Muller- entregou o seu premio Uviguala. O galardón recaeu este ano en Alejandra Babarro, Mercedes Pérez e Alba Portela, técnicas que xestionan o Espazo Violeta da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do Campus de Ourense, onde se poñen en valor fondos deste centro no eido do feminismo e da igualdade.
Entre os méritos para a concesión do galardón a este espazo, a comisión que o concedeu apunta a súa destacada difusión e impacto entre os diferentes colectivos da comunidade universitaria. As tres galardoadas, engaden, “son un exemplo da implicación activa en prol da igualdade, xa que axudan a sensibilizar a comunidade universitaria sobre as cuestións de xénero, a importancia da igualdade e a necesidade de erradicar a violencia de xénero e as violencias sexuais. Neste senso, subliñan o traballo que se realiza desde este espazo para “visibilizar e destacar os traballos científicos das investigadoras internacionais, sobre todo as dos ámbitos de STEM, así como as traxectorias científicas das PDI e investigadoras da propia Universidade de Vigo, especificamente ás do campus de Ourense”.
A UVigo dedica o 8M ás mulleres lavandeiras: "Estas mulleres anónimas son as que apoderan a nosa loita pola igualdade"
O acto tivo lugar no Edificio de Ferro do campus de Ourense, contando coa asistencia de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; as e os vicerreitores Francisco Javier Rodríguez, Mónica Valderrama e Eva María Lantarón; Yolanda Rodríguez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo, e membros da comunidade universitaria. Na súa intervención, o reitor lembrou que a loita pola igualdade é un dos eixes estratéxicos da institución académica e nun momento como o actual, no que, dixo, “moitas batallas que parecían gañadas agora se poñen en solfa” e avanza o discurso en contra da igualdade, fixo fincapé no “papel que ten que xogar a universidade na busca incansable da igualdade”.
Pola súa banda, a directora da Unidade de Igualdade sinalou que este 8M “representa unha oportunidade para reforzar, novamente, o compromiso activo da Universidade de Vigo coa igualdade “real” de dereitos, o empoderamento e a ampliación de oportunidades para todas as mulleres da nosa comunidade universitaria”.
Ademais do premio Uviguala, o outro gran protagonista do acto institucional celebrado este xoves no campus de Ourense foron as mulleres lavandeiras, escollidas para protagonizar a campaña deste 8 de marzo na Universidade de Vigo. “Queremos pór en valor o papel das traballadoras que rompen cos estereotipos de xénero a través da figura das lavandeiras. Estas mulleres desenvolveron un traballo que requiría de gran fortaleza física, xa que non só pasaban longas xornadas na auga fría enxaboando, fregando e clareando a roupa, senón que cargaban con ata 30 kg de roupa mollada para facer o seu traballo”, sinalou Yolanda Rodríguez.
Ademais, en moitos casos, tamén exercían como costureiras, pranchadoras e tecedoras. “Elas foron, e son, figuras de memoria e acción. Estas mulleres anónimas son as que apoderan a nosa loita pola igualdade”, afirmou. Esta reivindicación das lavandeiras centrou tamén a regueifa feminista que ofreceu Branca Trigo no acto celebrado onte no Campus de Ourense. Nela foi fiando o traballo destas lavandeiras, o das regueifeiras e a loita pola igualdade de xénero.
Neste 8M a Universidade de Vigo adheriuse aos manifestos de entidades como a Conferencia de Rectores y Rectoras de las Universidades Españolas (CRUE) e tamén da Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria (RUIGEU).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
Para contemplar el eclipse
“Están como locos buscando gafas”, afirman los ópticos de Ourense
SEGURIDAD EN CADA OPERACIÓN
El CHUO introduce un túnel de lavado para esterilizar su material quirúrgico
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 11 de agosto?
RUTAS PARA REFRESCARSE
Cinco rutas de senderismo en Ourense para combatir el calor de agosto