A UVigo sinala o 8 de setembro para empezar o próximo curso académico
O luns 26 de xaneiro de 2026 non haberá actividade lectiva, coincidindo coa celebración da festividade do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino.
A actividade académica da Universidade de Vigo para o vindeiro curso 2025/2026 comezará o 8 de setembro e rematará o 5 de xuño. Así o aprobou este mércores o Consello de Goberno, presidido polo reitor da institución, Manuel Reigosa, no seu Campus de Vigo. Neste sentido, o primeiro cuadrimestre irá dende o 8 de setembro ata o 23 de xaneiro, mentres que o segundo botará a andar ao día seguinte, 24 de xaneiro, e concluirá o 5 de xuño. En ambos casos están incluidas as datas de probas ordinarias.
Con todo, o calendario académico, máis aló da actividade docente, comprende entre o 1 de setembro e o 31 de agosto, non sendo lectivo nin o mes de agosto nin os períodos comprendidos entre o 20 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos, -coincidindo coas vacacións de Nadal-, e entre o 30 de marzo e o 3 de abril de 2026, tamén ambos incluídos -coincidindo coa Semana Santa-. A docencia tamén se interromperá o 16 e 17 de febreiro polo Entroido.
Ademais, o período comprendido entre os días 1 e 7 de setembro non computará para os efectos de actividades lectivas, pero neses días si que se poderán desenvolver actividades académicas non lectivas. O mesmo sucederá co período comprendido entre o 8 de xuño e 31 de xullo de 2026. Ademais dos festivos nacionais, autonómicos e locais, terá carácter festivo o luns, día 26 de xaneiro de 2026, no que se celebra o patrón da Universidade, San Tomé de Aquino, así como as festividades dos patróns que correspondan a cada centro de ensinanza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESUPUESTOS MUNICIPALES
Jácome apura el límite legal y convoca el pleno este viernes
EN PRISIÓN PROVISIONAL
Investigado por sacar dinero de cuentas con DNI robados, algunos ourensanos
Lo último
RIVAL DE LA UD OURENSE
David Soto, exjugador ourensano del UB Conquense: "Este Conquense es una roca"
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
El baile en el Rotary Club
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cuando el silencio es una condena