Mónica Valderrama, da UVigo: “Os nosos cientíticos queren comunicar sobre ciencia de forma interesante”
VICERREITORA DE COMUNICACIÓN
A Universidade de Vigo e Ediciones Profesionales de la Información SL organizan os días 12, 13 e 14 de marzo a primeira edición do Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia (CoDi). A actividade desenvolverase no campus de Ourense e terá como obxectivo fomentar o intercambio de coñecementos científicos entre expertos e expertas e promover a divulgación científica entre a comunidade académica e o público en xeral. Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, é a presidenta do comité científico e organizador.
Pregunta.Como xorde esa idea e cales son os objetivos que persegue a Universidade de Vigo coa celebración deste novo congreso?
Respuesta.Pois máis que xurdir unha idea, xorde unha oportunidade. Preséntase esta iniciativa por parte desta editorial e nós dende o 2019 contamos cunha unidade de Cultura Científica e Innovación na que facemos precisamente o que da título a este podcast, Ciencia de De Volta. A sociedade presenta retos constantes e a investigación fai posible dar resposta e buscar solución a eses problemas. Entón xorde a posibilidade de poder facer un congreso que aborde esta temática, que ten que ver coa divulgación, coa transferencia e co propio impacto social.
P.Fala de divulgación, transferencia e impacto social, pode explicarnos a diferencia entre estes termos?
Moitas veces hai cousas que sí, que chegan de algún xeito, pero non impactan, non fan que sexan interesantes
R.Pois, sen entrar ao máis estrito da definición de cada un dos termos, si podemos dicir que en xeral divulgar é comunicar. Conseguir, cunha linguaxe non especializada, chegar a un público que é profano desa materia e que consiga entendelo. A parte de transferencia, é moi habitual nas enxeñerías, por exemplo, que é transferir coñecemento. Ao final, están moi vinculados os termos, pero a transferencia ten que ver con esa dimensión técnica de conseguir que se trasladen a feitos prácticos. Por iso de aí a colaboración coas empresas, por exemplo, das enxeñerías, daquilo que se investiga, se transfira, se transvase, non unicamente para que a xente o entenda, senón para aplicalo. Obviamente, impacto social, hai unha contraposición que é contactar e impactar. Moitas veces hai cousas que sí, que chegan de algún xeito, pero non impactan, non fan que sexan interesantes. Conseguir que sexan interesantes é o reto deste congreso.
P.Haberá relatorios, mesas redondas, comunicacións, presentacións de pósters... Cales diría que son os pratos fortes destas xornadas?
R. Sería complexo e moi inxusto que eu enumerase a un sí e a outros non. Así que convido a que coñezan a web para poder ver detalladamente o programa. Empezamos con Ciencia de Primeira Plana, con Eduardo Rollán, pero asegúrovos que todo o congreso será moi lúdico e moi orientado precisamente a facer aquelo que dicimos no título, que é divulgar. Non é un congreso de nicho. Neste senso, pode ser interesante para a cidadanía a obra de divulgación “La Chispa Mágica”, que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense, con entrada de balde, o xoves 13 de marzo, a partir das 20,15 horas.
P.Despois de todo o traballo na organización deste primeiro congreso CoDi, cal agarda que sexa o legado desta edición inaugural?
R.Pois nos imos ser a saída deste congreso, pero o seguinte está previsto en Barcelona. Un pouco a idea é que outras universidades vaian seguindo a estela. Así, na parte de clausura e conclusións, o decano de Barcelona estará para coller o testemuño.
P.Dende a UVigo, como está a ser esta evolución na comunicación social da ciencia?
R.Pois, por exemplo, dentro deste programa que temos anual, temos formación, por parte de youtubers que están acostumadas a facer ese labor de divulgación. Ten que ter unha dimensión moi lúdica, moi experiencial, que faga o contido interesante, senón non é suficiente con que esa linguaxe sexa non especializada. Hai unha parte, unha faceta persuasiva moi relevante. Os nosos investigadores e investigadoras queren coñecer, non unicamente a ferramenta, senón tamén unha serie de pautas, recomendacións, para poder ser máis próximos á hora de contar os seus traballos.
P.Relacionado con isto, dende hai un tempo teñen aberta unha canle de TikTok para achegarvos aos rapaces. Como está funcionando?
R.Esta era unha aposta por intentar chegar aos Z, esa xeración que agora mesmo está nas aulas e que dende moi cativos estiveron bombardeados e expostos ás redes sociais e que teñen un comportamento de consumo completamente diferente ao resto das xeracións. Tiñamos moitísimo respecto por facer un produto para unha plataforma como é TikTok. Apostamos por facer unha miniserie invertendo tempo e esforzo, guionizando, dándolle unha narrativa e un senso. A verdade é que tivo unha eficacia moi boa, basta con entrar en UVigo Show para descubrilo.
P.Cal é agora mesmo o obxectivo do voso plan de comunicación?
Se non te adaptas á audiencia, es, como é habitual nas universidades, lento á hora de chegar a pensar unha estratexia de comunicación
R.O noso obxectivo é conseguir ter o liderado nas redes sociais das universidades galegas. Temos a sorte de que este equipo de goberno apostou porque exista unha vicerreitoría de comunicación e relacións institucionais. Iso significa que hai unha liberdade, apertura ou crenza de que a comunicación é moi relevante. Se non te adaptas á audiencia, es, como é habitual nas universidades, lento á hora de chegar a pensar unha estratexia de comunicación. Tamén temos unha parcela máis tradicional, que ten que ver co Duvi, pero incluso a iso lle demos unha última volta coa creación dun podcast, que se chama Son UVigo, que tamén está tendo moitísimo éxito de audiencia e de reprodución.
P.Aproveitando que estamos conmemorando o 8M, como muller que está destacando no seu ámbito, tes tamén unha teima por despertar vocacións entre as nenas…
R.Sí, moitas veces, as mulleres temos a timidez de pensar que igual non o estamos facendo tan ben, sempre nos estamos cuestionando. A parte de despertar vocacións temos un proxecto, que leva xa cinco edicións, e que consiste nun libriño que se chama “Eu quero ser investigadora”. Nel están as historias de dez mulleres investigadoras da Universidade de Vigo para achegar a referentes que non sexan lonxanas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
Lo último