Yáñez Casal e Díaz Mirón xa teñen o seu premio Pura e Dora Vázquez

CULTURA OURENSÁ

O galardón está dotado con 3.000 euros tras recuperar o seu importe orixinal. Yañez Casal, alzouse ca modalidade de narración, mentres que díaz mirón foi premiado na especialidade de ilustración

César Fernández, Manuel Pardo, Antonio Yáñez, Luis Menor e Fernando Díaz Mirón.
César Fernández, Manuel Pardo, Antonio Yáñez, Luis Menor e Fernando Díaz Mirón. | IAGO CORTÓN.

A Deputación de Ourense entregou onte o XX Premio Pura e Dora Vázquez a Antonio Yáñez Casal, na modalidade de narración e a Fernando Díaz Mirón na especialidade de ilustración. O instituto Julio Prieto Nespereira foi a sede elixida para a entrega do premio.

O galardón está dotado con 3.000 euros para cada modalidade (narración e ilustración) e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, así como recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas.

O primeiro en recibir o galardón foi Antonio Yáñez, que se presentou pola súa obra “Azul Cobalto”. No fallo desta modalidade de ilustración, o xurado destaca a importancia do traballo presentado por Fernando Díaz, por ser unha obra realizada de xeito manual a lapis, “que capta moi ben os feitos da narración”. Valoran que as ilustracións “teñen moi bos enfoques, con xogos e perspectivas diferentes, e complementan a narración sen interferir nela, o que favorece que o lector poida imaxinar a historia libremente”.

O autor ferrolán presentou este traballo baixo o pseudónimo “Maceteum”, e xa foi ganador da XIV edición deste Premio de Narración Pura e Dora Vázquez no ano 2016 con “Do meu nome e outras trapalladas”.

Durante o seu discurso, o escritor animou aos mozos presentes no acto a “crear en calquera modalidade, xa que é un esforzo que paga a pena”, a vez que recalcou que “se creamos para a cultura galega, mellor que mellor”.

Premio de ilustración

Por outra banda, no fallo da obra de ilustración, o xurado destaca a importancia do traballo presentado por Fernando Díaz, por ser unha obra realizada de xeito manual a lapis, “que capta moi ben os feitos da narración”. Valoran que as ilustracións “teñen moi bos enfoques, con xogos e perspectivas diferentes, e complementan a narración sen interferir nela, o que favorece que o lector poida imaxinar a historia libremente”.

Fernando Díaz Mirón (Sevilla, 1976), é licenciado en Belas Artes pola Universidade hispalense, na especialidade de pintura e combina a súa actividade artística coa súa actividade profesional como docente de Secundaria no IES Aquis Querquernis de Bande.

“É unha honra recibir este premio de parte dunha institución que tanto axuda ao desenvolvemento cultural e artístico da nosa provincia. Tamén quero agradecer ao xurado por fixarse na miña proposta, saber que é o meu traballo foi apreciado por profesionais tan cualificados motívame para seguir crecendo”, resaltou durante o seu discurso.

Os dous galardóns foron entregados polo presidente provincial, Luis Menor, quen recalcou que “desde a Deputación esperamos seguir fomentando a lectura con premios coma este, seguir formando ás novas xeracións en valores como o traballo en equipo, a amizade ou a procura dos soños, temáticas nas obras gañadoras”. Para finalizar, Menor destacou que “no ADN da Deputación está a defensa da cultura galega a través de premios e actos como que celebramos hoxe”.

O acto finalizou co espectáculo de maxia a cargo do mago “Tanito”.

Contenido patrocinado

stats