Tenreira ao espeto e empanada de polo, menú de luxo en Paderne de Allariz
FESTA POPULAR
Arredor de 250 de persoas ateigaron o pavillón de Paderne de Allariz nunha degustación gastronómica con amenización musical
O Concello de Paderne de Allariz segue a consolidar ano tras ano a súa festa de exaltación gastronómica, centrada desta vez na tenreira galega ao espeto e a empanada de polo de curral.
A combinación destas dúas exquisiteces foi o prato forte da 5º edición, unha animada xornada no pavillón municipal con actividades lúdico-deportivas para a cativada, e máis a amenización musical da charanga El Tattoo.
Ao mediodía, moreas de veciños e visitantes á vila comezaron a encher o recinto, con ganas de saborear un completo menú que encantou a todo o mundo, nunha cita que ano tras ano vai aumentando a súa capacidade de atracción. En total servíronse 150 quilos de tenreira e 30 empanadas de medio quilo.
Por se todo isto fora pouco, durante a actuación da banda procedeuse a sortear agasallos cos tickets da comida, a modo de rifa, o que axudou a animar aínda máis unha xornada solleira e de moito calor en Paderne.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SOLBEIRA VUELVE A PRODUCIR
Paderne de Allariz recupera tierras agrarias abandonadas con apoyo de Medio Rural
POLÍTICA LOCAL
Manuel Pérez xa preside o PP de Paderne de Allariz
Alimentación
Paderne postúlase como capital da produción sostible
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos