RECONOCIMIENTO EUROPEO
La música de Santa Cristina cruza fronteras
DIVERSIDADE E INCLUSIÓN
Parada de Sil recibe unha distinción na convocatoria da Comisión Europea para ser Capital Europea da Diversidade e a Inclusión. O recoñecemento premia o proxecto presentado na categoría de vivenda inclusiva, centrado nas vivendas municipais de Fondodevial, que xa foran destacadas por motivos arquitectónicos e hoxe acollen perfís diversos: unha persoa con discapacidade, unha nai con dous fillos pequenos, un emprendedor que abriu un negocio no municipio, unha parella formada por un agrogandeiro e unha perruqueira, e traballadores da hostalería e dunha adega.
A candidatura compartiu espazo con cidades como Braga, Gualdo Tadino e Zaragoza, que acadaron os premios principais. Aínda que Parada non obtivo medalla, foi un dos dous únicos finalistas, xunto con Río, que recibiu unha distinción especial: un diploma e unha placa entregados pola Comisión Europea.
O alcalde, Aquilino Domínguez, recolleu o galardón acompañado da técnica Uxía Álvarez Zuñiga e anunciou que volverán presentarse o ano que vén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECONOCIMIENTO EUROPEO
La música de Santa Cristina cruza fronteras
PARA TODAS LAS EDADES
Parada de Sil ilumina el concello con aires navideños
SAÍDA AO MONTE
Parada de Sil impulsa a súa xornada micolóxica
Lo último
A POR PLAY OFFS
El Antela, a seguir soñando ante el Villalonga
Miguel Anxo Bastos
La decepción de Trump
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio