Os Bolechas chegan á casa do chocolate de Parada de Sil
INICIATIVA CULTURAL
Teimende acolle dúas representacións baseadas no museo chocolateiro
A Casa do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, protagoniza unha nova iniciativa cultural que une tradición e divulgación. A popular familia dos Bolechas recrea nun capítulo especial a historia deste enclave chocolateiro, o único das súas características que existe en Galicia.
O proxecto foi presentado este martes no Liceo de Ourense, nunha rolda de prensa na que tamén se deu a coñecer a edición dun libro no que os Bolechas contan, co seu inconfundible estilo, a historia do Museo do Chocolate de Teimende. A estrea oficial terá lugar o vindeiro sábado, día 11, cunha dobre sesión de representacións teatralizadas, ás 12,00 e 17,00 horas, baseadas na historieta da serie. O elenco, de carácter afeccionado, está formado por persoas vinculadas á docencia, ao teatro infantil e por nenos e nenas de Parada de Sil.
O alcalde do municipio, Aquilino Domínguez, explicou que “todo comezou no ano 2012, cando o entón alcalde Paco Magide propuxo á familia Casares a posibilidade de ceder o local e a maquinaria da antiga fábrica. A resposta foi moi positiva e aquel proxecto inicial acabou dando forma á Casa do Chocolate, que co tempo se consolidou e pasou a formar parte da rede galega de museos”. O rexedor engadiu que o éxito desta iniciativa débese “ao talento, ao esforzo persoal de moita xente e ao apoio da Consellería de Cultura, que resultou esencial nun concello con recursos limitados”.
Pola súa parte, Loli Casares, integrante do Consello Asesor da Casa do Chocolate e filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro da saga familiar, destacou “a relevancia deste paso, porque ademais de conservar a memoria do noso pasado, abre novas posibilidades para seguir creando actividades que acheguen a cultura a todos os públicos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
almacenamiento hidráulico de energía
Naturgy e Iberdrola ponen la mira en Ourense para impulsar una central hidroeléctrica en el Sil
VIAJE AL PASADO
Santa Cristina ofrece un viaje virtual para vivir su pasado
APOYO A LA CANDIDATURA
Parada de Sil se vuelca con la Ribeira Sacra
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima