Parada de Sil entrega unha nova vivenda rehabilitada

PROXECTO ARRAIGO

Yessica Gamarra, Víctor Aquino e os seus fillos chegan de Barcelona e comezan etapa no concello de Parada de Sil

Momento da entrega da nova vivenda a Yessica Gamarra e Víctor Aquino.
Momento da entrega da nova vivenda a Yessica Gamarra e Víctor Aquino. | F.M.

O Concello de Parada de Sil entregou unha nova vivenda a unha familia procedente de Barcelona, formada por Yessica e Víctor e os seus dous nenos, que comezan así unha nova etapa no municipio.

No acto de entrega estiveron presentes a conselleira de Vivenda e representantes do proxecto Arraigo, co que o Concello contactou directamente para buscar familias interesadas en trasladarse a vivir a Parada de Sil.

O alcalde, Aquilino Domínguez, destacou que esta é a oitava vivenda rehabilitada e entregada polo Concello. Ademais, asegurou que o goberno municipal seguirá traballando nesta liña, recuperando casas para destinalas ao aluguer. “Seguiremos rehabilitando e alugando, xa que temos demanda”, sinalou.

A rehabilitación destas vivendas contou cun investimento procedentes de diferentes achegas: Fondo de Compensación, Consellería de Vivenda, Deputación de Ourense e fondos Leader, a través do GDR.

Durante o encontro, tamén se valorou o acompañamento que o Concello ofrece ás novas familias que deciden instalarse no municipio. Un apoio que Yessica e Víctor agradeceron, tanto pola vivenda como pola atención recibida.

Contenido patrocinado

stats