ANTIGUOS TRABAJOS
Purdeus revive la pisa de la castaña en la Ribeira Sacra
“O cacao: da selva ao espazo”
A Casa do Chocolate de Teimende converteuse este domingo 6 de xullo nun fervedoiro de visitantes para celebrar o Día Mundial do Cacao cunha actividade que combinou divulgación, cultura e sabor. Organizada polo Concello de Parada de Sil, a xornada tivo como eixo principal o lema “O cacao: da selva ao espazo”, propoñendo un percorrido didáctico e sorprendente pola historia e o futuro do cacao.
A proposta incluíu visitas guiadas gratuítas cada hora, en quendas de mañá e tarde, que tiveron unha acollida excepcional, completando o aforo en todas as sesións. Ademais, as persoas asistentes puideron gozar dunha degustación de chocolate e bica, nun ambiente festivo e familiar, rodeados do aroma e a historia do produto estrela deste espazo museográfico.
A actividade permitiu non só coñecer en profundidade o mundo do cacao e o seu proceso de transformación, senón tamén poñer en valor o patrimonio local a través da colección museográfica Casa do Chocolate , Chocolates Casares, situada na localidade de Teimende.
Desde o concello destacan o éxito da xornada e a resposta do público, e agradecen a participación de todas as persoas asistentes nun día que demostra que o sabor e o territorio van da man.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ANTIGUOS TRABAJOS
Purdeus revive la pisa de la castaña en la Ribeira Sacra
ACTIVIDADES DE OUTONO
O magosto e a micoloxía animan a fin de semana en Parada de Sil
GDR SIL BIBEI NAVEA
Jornada sobre el banco de tierras en Parada de Sil
Lo último
"RESPUESTA INMEDIATA"
Más de mil migrantes llegan a El Hierro en solo dos días
ELECCIONES 29-N
Feijóo: “Lo que se necesita es decencia, ambición y gestión”