Paseando nun bosque de historias senlleiras
CUIDADO NATURAL
Un catálogo con 59 árbores senlleiras no espazo Rede Natura 2000 documenta a riqueza natural de Parada de Sil e serve como base para un proxecto de conservación, divulgación e boas prácticas, impulsado por este concello da Ribeira Sacra.
Na Ribeira Sacra, onde o río Sil debuxa profundos canóns e a natureza conserva o seu pulso ancestral, Parada de Sil ofrece unha experiencia única: unha viaxe entre árbores que falan. Son exemplares centenarios, dispersos por soutos, regatos e pendentes, que contan historias de tempos antigos, de monxes, labradores, vento e pedra.
Árbores como o Castiñeiro de Entrambosríos, co seu tronco de máis de nove metros de perímetro, ou os bidueiros dos Tapadiños, que se ergueñen entre dous regatos, conforman un bosque vivo onde cada paso convida á contemplación.
Entre estas xoias naturais hai tamén espazo para especies máis discretas pero igual de simbólicas, como o érbedo da Capela de San Víctor, que medra inclinándose entre as ruínas, ou o pradairo dos Lameiros Grandes, exemplo da nova xeración de árbores chamadas a manter a continuidade do bosque.
Todos eles forman parte dun traballo de identificación e estudo promovido polo Concello, centrado nas árbores localizadas no espazo protexido da Rede Natura 2000.
O resultado é un catálogo dixital con 59 exemplares destacados, entre os que figuran castiñeiros, bidueiros, pradairos, érbedos, freixos, eucaliptos, alciprestes, carballos, cerquiños e sobreiras. O proxecto inclúe a descrición de cada árbore, o seu estado de conservación e o contexto no que medra, ademais dunha guía de boas prácticas dirixida tanto a veciños como a visitantes, coa finalidade de minimizar o impacto humano nos espazos máis fráxiles.
Segundo afirman desde o Concello, este catálogo non é só un rexistro, senón unha ferramenta para coñecer, conservar e mellorar un patrimonio natural que forma parte da súa identidade, algo que enmarca na preocupación do seu alcalde, Aquilino Domínguez, por conservar e mellorar o patrimonio cultural e ambiental de Parada. A iniciativa complétase con xornadas técnicas, vídeos de divulgación e accións que buscan implicar á comunidade local na protección activa do medio.
En Parada de Sil, as árbores senlleiras non se visitan, escóitanse. Porque cada unha leva consigo unha historia. E todas xuntas, compoñen un relato colectivo que fala do pasado, do presente e tamén do futuro que se quere construír desde o rural galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
almacenamiento hidráulico de energía
Naturgy e Iberdrola ponen la mira en Ourense para impulsar una central hidroeléctrica en el Sil
VIAJE AL PASADO
Santa Cristina ofrece un viaje virtual para vivir su pasado
APOYO A LA CANDIDATURA
Parada de Sil se vuelca con la Ribeira Sacra
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 18 de septiembre?
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 18 de septiembre