Información Ciudadana
El 012 atendió 833.000 avisos desde la provincia de Ourense
2 MILLÓNS DE EUROS
A Xunta de Goberno do Concello de Pereiro de Aguiar vén de aprobar a licencia para ampliar o colexio Ben Cho-Shey, un proxecto que contará cun orzamento de case 2 millóns de euros.
A previsión é que os traballos poidan comezar no verán, unha vez finalice o período de licitación que se abre agora. Esta importante obra consistirá en aumentar a superficie construída total, fixándoa en 1.324,20 metros cadrados, repartidos en 452,85 metros cadrados en planta semisótano, 435,75 metros cadrados en planta baixa e 435,60 metros cadrados en planta alta.
Na planta semisótano, xerarase un patio cuberto para o alumnado de infantil, cun novo núcleo de aseos que dá servizo a esta zona de espazos exteriores. Na planta baixa, ampliarase o comedor e o núcleo de aseos, así como dúas aulas máis de Infantil. Na planta alta, ampliarase o núcleo de aseos, así como catro aulas máis (unha delas de música e dúas de desdobre). Así mesmo, crearase unha pérgola cuberta de acceso ao centro, co fin de protexer aos cativos e cativas os días de choiva, e cambiarase tamén o lucernario da cuberta. Por último, crearase maior superficie de arquivo e almacenaxe de cuarto de limpeza.
O goberno local tamén informa de que xa rematou o concurso de ideas para o proxecto de construción do novo instituto
O proxecto de ampliación, que se anunciou a finais do 2023, nace para dar resposta a crecente demanda de prazas educativas de Infantil e Primaria no municipio, que practicamente se dobrou dende comezos de século. Dende o goberno local destacan que se “trata dunha obra fundamental para o municipio de Pereiro, dado o intenso crecemento demográfico que vén experimentando este concello nos últimos anos, e pensada para dar o mellor servizo aos cativos e cativas, así como ao equipo docente que traballo no colexio”.
O Concello de Pereiro de Aguiar tamén informa de que vén de rematar o prazo de revisión do concurso de ideas para o proxecto do de construción do novo instituto, paso previo á adxudicación das súas obras, que deberían comezar entre finais deste ano e comezos de 2026. A previsión inicial é que o centro teña capacidade para máis de 300 alumnos.
As obras de ampliación do Ben Cho Shey e de construción do instituto de Pereiro, “constitúen un gran proxecto de futuro fundamental para consolidar o asentamento de familias no noso municipio, ao garantir unha educación pública e de calidade no noso municipio en todos os cursos de ensinanza obrigatoria”, sinalan dende o Concello de Pereiro de Aguiar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Información Ciudadana
El 012 atendió 833.000 avisos desde la provincia de Ourense
más de 2000 años de antigüedad
El yacimiento de Outeiromeau, una joya histórica en Pereiro de Aguiar
Lo último
5 MESES DE ATAQUES
EEUU e Irán sellan la paz y la reapertura del estrecho de Ormuz
RAZONES HUMANITARIAS
Venezolanos exigen agilizar los cambios en la residencia en Galicia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 15 de junio
IDA POR EL ASCENSO
El Antela mantiene la ilusión intacta tras empatar con el San Tirso (0-0)