LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
Os mozos que participan nas actividades da asociación xuvenil Amencer sairán da cidade oñecerán os diferentes concellos da provincia. A Deputación de Ourense vén de asinar unha nova liña de colaboración coa asociación xuvenil, coa posta en marcha do Día da Provincia de Ourense, dentro das actividades do clásico Campamento Urbano.
Esta xornada, en palabras do presidente provincial, Luis Menor, permitirá “dar a coñecer a provincia á xente máis nova e axudar no labor da asociación”.
A posta en marcha do Día da Provincia de Ourense foi un dos temas que se trataron na reunión mantida polo presidente provincial, Luis Menor, co director e co coordinador da Asociación Xuvenil Amencer, Xulio César Iglesias e Xulio Vilar, respectivamente.
O Día da Provincia de Ourense consistirá nunha xornada para achegar aos nenos do campamento a diferentes concellos da provincia, co obxectivo de que coñezan en profundidade a realidade e a variedade de Ourense.
Esta nova iniciativa de colaboración súmase ao apoio continuo da Deputación a Amencer, que, en palabras de Menor, “facilita a conciliación de centos de familias da cidade e dos arredores”.
A Deputación reforza así o seu compromiso de cooperación con asociacións e entidades da provincia.
O Campamento Urbano de Amencer celebrará este ano a súa 38ª edición, logo de que na edición de 2024, tras dúas emanas 600 nenos, participaron 600 rapaces de entre 8 e 16 anos, cunha ampla variedade de actividades. É xa un clásico da temporada estival en Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado, 21 de marzo
COLAPSO ELÉCTRICO
El gran apagón hizo caer un 20% la producción eléctrica de Ourense
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo