“Cero escusas”, de Sogama, desmonta mitos e desinformacións ao redor da reciclaxe
CHATBOT DE ATENCIÓN PERMANENTE
A nova campaña de Sogama trata de desactivar argumentos que impiden a correcta separación de residuos en orixe
A nova campaña de Sogama, bautizada co lema “Cero escusas”, ten por obxecto activar condutas reais entre a poboación coas que propiciar a reciclaxe, así como desmontar mitos e desinformacións asentadas que moitas veces impiden ou limitan a participación do cidadán, xerando un sentimento de apatía e desconfianza cara á correcta separación de residuos en orixe.
O cumprimento dos esixentes obxectivos europeos aprema e o tempo dispoñible redúcese. En maior ou menor medida, a poboación dispón da información e é coñecedora das pautas que debe seguir para colaborar na reciclaxe, pero moitas veces recorre a argumentos e pretextos, xa afianzados na rúa, cos que xustifica a súa inacción.
Os máis habituais: “Non teño sitio en casa”; “Para que vou separar se logo o mesturan todo”; “Non sei onde debe ir cada residuo”; ...“Non teño tempo”; “Xa pago impostos para que separen as plantas”; ou “Xero pouco lixo e non ten sentido que separe”, entre outros.
A campaña pretende converter estas escusas, que actúan como barreiras, en oportunidades, e faino dándolles visibilidade, desmontándoas e substituíndoas por información clara sobre unha realidade ben distinta. Traballa así no concepto de corresponsabilidade para que cada un de nós achegue o seu gran de area.
Desta forma, a través dunha serie de recursos tales como unha landing page, vídeos, cuñas radiofónicas e banners, proporciónase información para mellorar o coñecemento do sistema de recollida selectiva de residuos en Galicia e diminuír erros na separación dos mesmos. Tamén para incrementar o uso de contedores específicos e outros servizos municipais, reforzar a percepción de utilidade do xesto individual e, sobre todo, vincular a segregación de residuos con orgullo colectivo e mellora do medio ambiente.
Tras relatar as escusas máis habituais, que comezan con “É que ….”, utilizando a linguaxe habitual da rúa e diminuíndo resistencia á mensaxe, acto seguido procédese a desmontalas. En consecuencia, “Cero escusas” non apela a grandes discursos xenéricos, senón a pequenos cambios de comportamento a nivel individual que son perfectamente viables e absolutamente necesarios para avanzar no camiño da economía circular.
Para reforzar a proximidade das mensaxes, a campaña creou uns personaxes estilo cartoon como recurso narrativo e visual. É o caso de Breixo, Yesenia, Sabela, Xiana, Yonatan, Vivian, Iago, Aldán, Mariña e Mariana, que ben puidesen ser o noso veciño, prima, xefe, amiga ou cuñado, é dicir, persoas da nosa contorna con certas reticencias a contribuír á reciclaxe que esta iniciativa bota por terra.
Todos somos parte do problema, pero tamén podemos ser parte da solución. Non hai escusas para iso. A Galicia que queres comeza en ti. Separa mellor e contribúe a coidar do teu. A landing web da campaña é: https://www.sogama.gal/cero-escusas/
A campaña complementa tanto o novo asistente conversacional baseado en intelixencia artificial (ChatBot) que Sogama implantou recentemente na súa páxina web co obxectivo de mellorar a atención dixital aos internautas e facilitar o acceso a información do seu interese, coma o buscador Onde vai?, dispoñible en www.sogama.gal/ondevai, que ofrece información sobre o contedor ou punto de achega correcto para ao redor duns 300 residuos.
Sogama implanta un chatbot de atención permanente as 24 horas do día na súa páxina web
Sogama vén de implantar na súa páxina web www.sogama.gal un chatbot (asistente conversacional baseado en intelixencia artificial) co obxectivo de mellorar a atención dixital aos internautas e facilitar o acceso a información do seu interese.
Esta iniciativa forma parte do proceso de modernización abordado por esta empresa pública dentro do seu plan estratéxico 2025-2030, que ten como un dos seus eixos prioritarios a transformación dixital, tanto a nivel industrial (a través da robotización) como administrativo e agora tamén no eido da comunicación externa.
Consciente de que a relación entre a cidadanía e as institucións públicas está a acudir cara a modelos de atención máis inmediatos, accesibles e dispoñibles, Sogama pretende ser tamén un instrumento de axuda para os visitantes do seu sitio web e resolver ao momento as súas dúbidas, proporcionándolles os datos que demandan sen necesidade de que naveguen por múltiples apartados. Así mesmo, quere tomar boa nota das súas reflexións, inquietudes e propostas, que a bo seguro serán de gran utilidade para unha mellor orientación da súa estratexia empresarial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BALANCE DE DEMOGRAFÍA
La provincia de Ourense se resiste al abandono rural pero mantiene 158 aldeas vacías
MIRADORES DEL CAÑÓN DEL SIL
La provincia de Ourense, a vista de pájaro
Lo último
Guerra en Ucrania
Nuevos ataques de Ucrania contra refinerías de Rusia
AVISO DE UN FAMILIAR
Localizan el cuerpo sin vida de una mujer de avanzada edad en un regato de Bembrive