LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
OBRADOIROS
Os días 31 de maio e 1 de xuño celebrarase no Val do Limia unha xornada sobre o ciclo do pan no Xurés. Os municipios de Lobeira, Lobios, Calvos de Randín e Baltar acollerán diferentes obradoiros, roteiros e visitas guiadas ao redor do patrimonio etnográfico. A actividade, que require inscrición previa, é froito da colaboración de Espazo16, Grupo Tragsa e Costa Oeste.
As actividades comezarán o sábado 31, coa sementeira e un obradoiro de paisaxes invisibles con Fran García e Manuel Bugallo ás 11:30 horas.
A actividade arranca o sábado 31 pola mañá cun obradoiro de paisaxes invisibles da man de Fran García e Manuel Bugallo
Pola tarde, a sega e almacenaxe protagonizarán a visita guiada ao patrimonio etnográfico de Puxedo ás 16:00 horas, na que colaborará a asociación de veciños e, ao remate, terá lugar o obradoiro de elaboración de pan e visita ao Ecomuseo do Pan do Xurés, onde se escenificará o enfornado e amasado.
O domingo, será a muiñada quen peche este ciclo cun roteiro guiado no Camiño privilexiado e o Couto Mixto, no que se visitará o seu patrimonio etnográfico da man de Ana Canal. Será ás 10 da mañá.
Para facer as inscricións poderase facer no correo de Espazo16. Esta actividade está aberta a tódolos públicos e ten como obxectivo poñer en valor o millo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 25 de mayo
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
No es un asunto menor
EL PROCESO ACABA MAÑANA
Las últimas plazas mir en Ourense son de Atención Primaria