O folclore invade a provincia con danzas e ritmos globais
FOLCLORE
Bande e Allariz acolleron as primeiras actuacións das agrupacións participantes nas Xornadas
Bande albergou onte o inicio da xira provincial da XL edición das Xornadas de Folclore de Ourense. Na Praza da Constitución, os asistentes puideron desfrutar das danzas e ritmos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia. Estes tres países presentaron ante a atenta mirada do público as súas raíces. Os chilenos, do “Ballet F. Municipal de Rancagua”, foron os primeiros en saír á escena. Fundado no 2008 por unha iniciativa da Ilustre Municipalidade de Rancagua, este grupo conta na actualidade con medio cento de integrantes, entre bailaríns e músicos, que se dedican á recuperación, transmisión e posta en escena dos costumes e tradicións relacionadas co folclore do país chileno.
No seu repertorio a agrupación fixo un percorrido pola xeografía do país suramericano, dende o norte até o sur, incluíndo a illa de Pascua. Amosaron tamén a diversidade de manifestacións étnico-culturais que conforman a poboación chilena: o carnaval norteño, a danza afro-boliviana ou a de orixe español.
O repertorio de cada agrupación participante é tan só unha pequena mostra da gran riqueza e variedade cultural que acolle cada país. Ao longo destes próximos días tratarán de achegalo por toda a provincia, co fin de por en valor a importancia de manter vivas as tradicións.
Tamén onte, no campo da Barreira de Allariz o grupo “Huayra Muyoj” de Arxentina, “Phicas of BC” de Filipinas e “Folk Dance Ensemble Volynianka” de Ucraína. Cando xa caera a noite estas agrupacións encargáronse de encher de cor o escenario, ofrecendo as súas danzas e ritmos aos presentes.
Para o mércores, 13 de agosto, Manzaneda e Maceda acollerán unha nova cita do festival. Ámbalas actuacións serán a partir das 22,30 horas. No Patio do Colexio de Manzaneda actuarán Arxentina, Filipinas e Ucraína. Mentres que na Rúa do Toural, de Maceda, subiranse ao escenario as agrupacións de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
PROGRAMA
Mércores 13
22,30 horas - Maceda (Festival na rúa do Toural)
22,30 horas - Manzaneda (Festival no Patio do Colexio)
Xoves 14
22,30 horas - Verín (Festival no Parque da Preguiza)
22,30 horas - O Barco (Festival no Parque do Malecón)
Venres 15
20,30 horas - Entrimo (Festival na Alameda)
22,30 horas - Viana do Bolo (Festival na Praza Maior)
Sábado 16
22,30 horas - A Rúa (Festival no Parque do Aguillón)
22,30 horas - O Carballiño (Festival na Praza Maior)
Domingo 17
20,00 horas - Xinzo de Limia (Desfile dende o Parque do Toural ata Praza Carlos Casares + Festival)
22,30 horas - Castro Caldelas (Festival na Praza do Prado)
Luns 18
20,30 horas - Celanova (Festival no Claustro do mosteiro)
22,30 horas - Trives (Festival no Patio de Santa Leonor)
Martes 19
22,30 horas - Ourense (Desfile dende o Parque de San Lázaro ata a Praza Maior + Festival)
Mércores 20
23,00 horas - Ribadavia (Festival no Auditorio do Castelo)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLAPSO ELÉCTRICO
El gran apagón hizo caer un 20% la producción eléctrica de Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 21 de marzo
CONTRA EL ESTATUTO MARCO
La huelga sanitaria afecta a más de 1.700 ourensanos
Lo último