O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a cerimonia inaugural das Xornadas de Folclore da Deputación de Ourense.
|
Lucía Otero
Galería | Comeza a 40 edición das Xornadas de Folclore
HOMENAXE ÁS RAÍCES
Coa bandeira dos seus respectivos países e vestidos coas traxes tradicionais. Así foi como este luns os grupos participantes nas Xornadas de Folclore deron por iniciada a 40 edición do festival -agás Filipinas, que por mor e horarios de chegada non puido estar-. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a típica e colorida cerimonia de inauguración que supón o pistoletazo de saída dos dez días que as agrupacións folclóricas estarán “enchendo de vida o rural”.
Preto de 200 artistas, pertencentes a seis formacións procedentes de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia, percorrerán distintos puntos da provincia para achegar os seus costumes a través da danza e a música.
A primeira cita das Xornadas na provincia será mañana, ás 20,30 horas en Bande cos grupos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
1/11
Desfile de bandeiras que marca o comezo oficial da 40ª edición do festival internacional de folclore.
|
Lucía Otero
2/11
Ourense convértese nun escaparate internacional de folclore durante dez días consecutivos.
|
Lucía Otero
3/11
Os traxes tradicionais e a música autóctona levan a esencia cultural de Arxentina, Chile e Filipinas ao rural ourensán.
|
Lucía Otero
4/11
O Centro Residencial Docente e o IES Universidade Laboral serven de sede para os ensaios e convivencia dos grupos.
|
Lucía Otero
5/11
O festival reafirma a súa importancia cultural despois de catro décadas fomentando a preservación do patrimonio popular.
|
Lucía Otero
6/11
Representantes da organización e autoridades locais saudáronse cordialmente.
|
Lucía Otero
7/11
Os traxes tradicionais, coidadosamente elaborados, amosan a identidade e historia de cada país participante.
|
Lucía Otero
8/11
Centos de persoas asistiron á cerimonia de apertura no Centro Cultural Marcos Valcárcel, que deu inicio á 40ª edición das Xornadas de Folclore
|
Lucía Otero
9/11
Os participantes, vestidos cos seus traxes tradicionais e portando as bandeiras dos seus países.
|
Lucía Otero
10/11
No Centro Cultural Marcos Valcárcel, os grupos folclóricos posaron coas bandeiras nacionais.
|
Lucía Otero
11/11
Artistas de seis países desfilaron coas súas bandeiras e vestimenta típica.
|
Lucía Otero