LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
26 de setembro
Cando se cumpre un lustro do seu nacemento, a G-Night, Noite das Persoas Investigadoras, achegará o vindeiro 26 de setembro máis de 200 actividades de divulgación científica ás sete principais cidades de Galicia. Baixo o lema “Conciencias creativas”, Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo serán os escenarios de ducias de actividades que teñen o obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Miles de persoas -na pasada edición rexistráronse máis de 7.000 participantes-, poderán achegarse de xeito lúdico ao mundo dos robots, ao cifrado matemático, ás aplicacións da IA, á seguridade viaria, ao efecto invernadoiro, microplásticos ou mesmo ás lesións muscoesqueléticas dos músicos. Haberá tamén charlas sobre aprendizaxe de linguas, unha camiñada para descubrir a pegada de Castelao en Pontevedra ou un obradoiro de escrita antiga. Estas son só unha pequena parte das actividades das que poderán gozar as persoas que participen na G-Night, tanto nos campus, como nas cidades de Vigo, Ourense Pontevedra.
Na cidade de As Burgas será posible viaxar ao pasado cun obradoiro de escrita antiga na Facultade de Historia e reflexionar sobre igualdade e dereitos no Café Torgal, a través dunha proposta de Ciencia no Bar centrada na xustiza social.
“Xuntos somos máis fortes e así o noso sistema de innovación medrará”, dixo Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, que gabou o traballo de coordinación desenvolvido pola ducia de institucións que participan na organización da G-Night, así como dos centros de investigadores e investigadoras que tomarán parte na edición deste ano e da UCC+i. “Facémolo con ilusión, porque queremos achegar o noso traballo á cidadanía”, dixo Rubio.
A actividade está coordinada pola UVigo, á fronte dun consorcio no que participan as universidades de Santiago e Coruña, varios institutos do CSIC (IEGPS, IEO, MBG, IIM e Incipit), centros oceanográficos de Vigo e A Coruña do Instituto Español de Oceanografía e outros centros de investigación galegos de como o INIBIC, IDIS, CITMAga e CESGA. Nesta edición, a G-Night vai desenvolverse como un evento asociado a un proxecto europeo, empregando os recursos propios das entidades implicadas e co apoio da Xunta de Galicia a través da GAIN, Axencia Galega de Innovación dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 30 de septiembre
406 actuaciones en Galicia
El temporal con alerta amarilla por viento deja 19 incidencias en la provincia de Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 30 de septiembre
Lo último
RESIDENCIA AUDIOVISUAL
El OUFF galardona a los futuros cineastas gallegos
PRESENTADA NO OUFF
Unha nova serie levará á pantalla un crime real que pasou en Galicia