LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 30 de mayo
GASTRONOMÍA E TRADICIÓN
O fume das castañas e o son das gaitas encheron onte a provincia, dando o pistoletazo de saída a unha intensa axenda de magostos que uniu veciños e encheu pavillóns. A festa estendeuse dende Maceda, onde celebraron na nave do Toural con música e queimada; ata A Limia, onde a cita tiña un aquel especial: o CDR O Viso celebrou o seu 40º aniversario na casa reitoral de Lodoselo (Sarreaus) con obradoiros e merenda compartida. A comarca de Celanova non foi allea, coa festa na nave de Cacabelos (A Bola) e unha nutrida presenza veciñal no pavillón da Merca. Outros puntos como Vilanova dos Infantes e Trives tamén se uniron á celebración.
Mentres, a cidade viviu o seu particular “derbi do magosto” entre PP e PSOE (en Aixiña e no Campo da Feira, respectivamente).
Os populares fixeron unha demostración de forza ao congregar máis de medio milleiro de persoas e aproveitaron para destacar a “forza e ilusión” do partido para “cambiar o rumbo” da cidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 30 de mayo
MÁS DE SEIS HORAS
Las dos perspectivas sobre Ourense chocan en el pleno de la Diputación
Lo último