José Luis Estévez: “Estiven en Madrid, Francia, Estados Unidos, pero o máis importante é Guxinde”

Nado da aldea fronteiriza de Guxinde, reside en Madrid, pero sempre que pode regresa

José Luis Estevez, xunto a súa esposa
José Luis Estevez, xunto a súa esposa

José Luis Estévez naceu en Guxinde, unha aldea de Entrimo limítrofe coa raia, pero aos doce anos marchou a estudar á cidade, primeiro a Ourense e logo para realizar a súa carreira universitaria, a Santiago de Compostela e a Madrid, onde se asentou e sigue vivindo casi medio século despois. Todos os veráns regresa a provincia, xunto coa súa muller, tamén ourensá, para pasar tempo, tanto na cidade como na aldea.

Pregunta. Cómo foi deixar atrá s Guxinde?

Respuesta. Aos doce anos salín de Guxinde, vin internado aos Salesianos, en Ourense. Acabei o Bacharelato e fun a Santiago e alí empecei a carreira, porque tiñamos que facer un ano previo antes de ir a Madrid. Logo marchei a Madrid e alí me quedei.

P. Agora cada canto regresan a Ourense?

R. Estamos no verán sobre tres meses, no inverno vimos dúas veces ou tres e ven o meu fillo tamén. Vimos bastante a menudo.

P. Qué significa ensinarlle ao seu fillo esta terra?

R. Para min é moi importante, eu son de Guxinde, entonces, aínda que estiven pouco tempo, alí foi onde aprendín todo. Que él coñeza donde eu estiven, donde vivín, como era a vida naquel entonces, pois eu creo que é moi importante para botar raíces todos e ter idea do que era a vida en Guxinde.

P. Volver é recuperar recordos da infancia?

R. Aínda durante este verán ensináronme fotos moi antigas, eso, sin dúbidas, foi revivir cando era ben pequeno, eso para min é importante claro.

P. Algún lugar especial?

R. En Ourense hai dous. Un, que son os Salesianos, que estiven alí o Bacherelato, un total de sete anos, incluído COU naquel entonces. De aquí tamén teño a miña muller, que é moi importante.

P. E en Guxinde?

R. A zona que hai entre a nosa casa e a capilla da aldea, é unha zona pola que andei moitas veces. Digamos que foi, durante o tempo que estiven en Guxinde, onde fixen toda a miña vida. Para min é o sitio quizás máis importante. Estiven en Madrid, en Francia, en Estados Unidos, concozco bastantes cousas, pero para min o máis importante é Guxinde. Despois, algo que encontrei recentemente son as pozas, na parte do río de Lobios, en Pacín, que naquel entonces para min era imposible de coñecer. Conocinas hai pouco tempo e gústanme moito.

P. Daquelas había que traballar non?

R. Había que traballar, aínda que era moi pequeno cando me fun. Eu axudaba na casa o que podía, pero ata os doce anos tampouco se podía moito.

P. Para vostede que é o mellor de volver?

R. Significa recordar todo, convivir coa xente que conociche. Moita xente que estiveche con ela, e agora vólveste a reecontrar corenta anos despois. Hai moitas persoas que xa se me desfiguraban, despois de corente ou cincuenta anos. Con algúns, non coincidíamos nas vacacións e deixei de velos durante moito tempo, e agora durantes as festas, tanto do Carmen, como de San Salvador, pois encóntraste con toda a xente, que che fai recordar todo e volver a vivir un pouco de todo.

Contenido patrocinado

stats