LUIS MENOR (PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE)
Luis Menor: “Tempo de recargar forzas e enerxía para afrontar o 2026 con ilusión”
LUIS MENOR (PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE)
Nestes días de reencontros, de celebracións familiares, do agarimo dos nosos fogares, quero desexarlles, de corazón, un bo Nadal e un próspero Aninovo. Esta época do ano sempre nos convida a facer unha pausa para valorar o que temos e para compartir os nosos mellores desexos con aqueles que nos rodean. Pero máis aló das celebracións, é un momento para facer balance do vivido, do logrado e dos retos nos que debemos traballar aos que miramos con firmeza e esperanza.
Este ano foi, sen dúbida, un dos máis duros que nos tocou vivir debido á vaga de lumes que asolou este verán a nosa provincia. Foi devastador ver como ardía a nosa terra, aínda que tamén trasladaramos unha imaxe de profesionalidade, de esforzo e de solidariedade, a través dos numerosos efectivos e voluntarios que traballaron sen descanso naqueles días. Por iso quero reiterar o meu apoio incondicional, e o da Deputación, a todos os veciños e veciñas que sufriron as consecuencias destes lumes, o meu máximo orgullo pola valentía dos equipos de extinción, a coraxe de alcaldes e alcaldesas, a implicación da Xunta de Galicia, e a inmensa ola de axuda e colaboración que nos chegou desde diferentes puntos de España.
Agora tócanos outra loita: recuperar o perdido e sentar as bases para que Ourense volva a ser verde, para que o noso patrimonio natural volva a ser un dos nosos maiores tesouros. Non será doado, pero moito menos imposible grazas ao esforzo de todos nós. Desde a Deputación de Ourense garantimos ese esforzo, como o estamos a facer captando recursos europeos para mellorar a xestión da auga ou para executar innovadores proxectos estratéxicos en Ourense sur e Valdeorras para mellor a calidade de vida da cidadanía.
Seguiremos, por suposto, cumprindo coa palabra dada e facendo da cooperación cos concellos o noso principal obxectivo. Temos para elo o orzamento máis alto da nosa historia, máis de 110 millóns de euros. Pero, agora é tempo de recargar forzas e enerxía cos nosos para afrontar o 2026 con ilusión e con moito traballo.
Desde a Deputación seguiremos a demostrar que o único que nos preocupa e nos ocupa é Ourense, da man de cada un dos nosos concellos.
O meu agradecemento do 2025 vai, sen dúbida, para todas as persoas que traballaron sen descanso durante a vaga de lumes. E o meu desexo para o 2026 é demostrar a nosa forza que nos levará a superar o vivido, aprender de elo e mellorar como provincia. Converteremos a cinza en futuro e a esperanza en acción. Coidar dos nosos e do noso rural é e seguirá a ser o noso obxectivo central.
Bo Nadal, e próspero 2026.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUIS MENOR (PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE)
Luis Menor: “Tempo de recargar forzas e enerxía para afrontar o 2026 con ilusión”
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 24 de diciembre, día de Nochebuena
ESCAPADA EN DÍAS FESTIVOS
Galería | La Estación de Montaña de Manzaneda y su blanca reapertura