I ROMARÍA POPULAR
Luis Menor: “O PP terá máis alcaldesas na provincia de Ourense”
OBITUARIO
En silencio, na noite deste pasado domingo, marchou na súa derradeira viaxe un amigo de sempre, unha herdanza máis recibida do meu avó Leuter González Salgado. Deixounos fisicamente Alfonso Monjardín —Alfonso Jesús Vázquez Monjardín Blanco, tal como indica o seu DNI—.
Lembro a Alfonso de toda a miña vida. Primeiro, por ser irmán de Pepe Lino, bo amigo e compañeiro de proxectos do meu avó, quen, como dixen anteriormente, deixoume na súa herdanza moitas das súas amizades, entre elas el. Precisamente Alfonso foi quen me levou no seu Citroën GS Club do funeral ao cemiterio de San Francisco para enterrar a Leuter en marzo de 1979.
Na súa mocidade tamén estivo ligado ao mundo do motor. De feito, foi copiloto de Estanislao Reverter no ‘Realpor-Alpinche’ no segundo rallye despois do debut de dito vehículo no Rías Baixas.
Por aqueles anos coincidimos na directiva do Cine Club Padre Feijoo, onde el encargábase de levar a tesourería, cargo que ocupou durante bastante tempo. Tamén se encargou en máis dunha ocasión de traer ‘con todo o disimulo’ no seu coche desde Portugal películas para o cine club, xa que sabiamos que a ‘autoridade competente’ da época ía poñer mil trabas a que chegase por vía habitual.
Posteriormente, á parte da relación de amizade que sempre mantivemos, participou tamén na creación da asociación Amigos da República e en todas as actividades, colaborando activamente nas mesmas.
A foto que acompaña estas letras corresponde precisamente a unha visita que realizamos membros de Amigos da República á casa en Esgos da filla de Luis Yzquierdo Balbuena, funcionario de Correos e violín da banda municipal, fusilado no Cumial o 26 de setembro de 1939, co fin de ultimar detalles para un acto de homenaxe. Recordo que Alfonso foi quen quixo poñerse no exterior da porta de entrada e que lle tirase a foto. Coa súa sorna e retranca habituais díxome: “teño moitas fotos, mais coma esta seguro que non vai haber ningunha”. E seguro que acertou.
Cando marchou vivir a Allariz, seguiu metido no mundo da Sétima Arte, esta vez dinamizando o cine club “Ziralla”. Nesa vila participou tamén na actividade cultural municipal, así como na Fundación Vicente Risco.
Este dinamismo comezou a decaer aos poucos desde hai uns anos debido a unha enfermidade. Aínda que non en persoa, Alfonso segue estando presente entre as súas fillas, familiares e amizades.
Os seus restos descansan este martes no tanatorio de Allariz e mércores será incinerado en familia.
Un forte abrazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I ROMARÍA POPULAR
Luis Menor: “O PP terá máis alcaldesas na provincia de Ourense”
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado 9 de mayo
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 9 de mayo
Lo último
DOS JORNADAS POR JUGAR
El Arenteiro regresa de Guadalajara con otra derrota (2-0)
RETOMANDO LA TRADICIÓN
Galería | Xinzo de Limia viaja 50 años al pasado y celebra la 5ª Feira das Mozas